|
CULTURA
O desfile de Entroido inclúe este ano premios á mellor carroza e á mellor animación e ábrese á participación das comparsas |
 |
O Entroido está á volta da equina e o Concello de Vilagarcía xa ten todo preparado para volver a organizar unha das celebracións máis irreverentes e divertidas do ano. Na edición da que se aveciña, ademais de recuperar o Certame de Comparsas tras o parón da pandemia, a Concellería de Cultura dá un novo pulo ao Desfile de Disfraces creando novos premios para agasallar á mellor carroza e á mellor animación durante o percorrido, e abrindo o evento á participación das comparsas. En total, o departamento que dirixe Sonia Outón destina 9.800 euros aos premios do Entroido vilagarcián co obxectivo de animar á participación, encher de cor e alegría as rúas durante estas datas e a manter a tradición duns festexos populares con gran arraigo na cidade. |
|
|
|
|
|
 |
4Participación
CIDADÁ |
_ |
_ |
_ |
|
|
|
 |
|
 |
|
|
 |
|
|
|