_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
  REGULAMENTO DE INFORMACIÓN E PARTICIPACIÓN CIDADÁ


O Pleno da Corporación Municipal, en sesión celebrada o día 16 de xaneiro de 1992, acordou aprobar definitivamente o Regulamento de Información e Participación Cidadá, que di textualmente:

1º_ Información ós veciños:
Que se concretará en:
1.a: Ordes do día dos Plenos.
1.b: Proxectos aprobados pola Corporación para que, previa publicación no “Boletín Oficial” da provincia, poidan presentar as súas reclamacións ou alegacións.
1.c:Os resultados das análises das augas das fontes e traídas particulares.
1.d:As axudas institucionais cos seus prazos para: Rehabilitación de vivendas, montes comunais, repoboacións, etc.
1.e As ofertas de emprego público e as datas e bases que rexerán as convocatorias.
1.f: Información sobre prazos de solicitudes para vivendas de protección oficial de promoción pública.
¡.g: Información de bolsas para adquisición de libros.
1.h: Información sobre axudas sociais.
1.i: Información sobre inscrición nas escolas deportivas, cursos culturais e talleres ocupacionais.
1.l: Información sobre actos culturais e deportivos organizados polo concello.
1.ll: Información sobre horario de recollida de lixo e trastos.
1.m: Toda aquela información que se vexa necesaria.

2._Participación:
2.a: Cando algunha das Asociacións ou Entidades ás que se refire o artigo 72 da Lei 7/1985, de 2 de abril, desexen facer unha exposición ante o Pleno, en relación con algún punto da orde do día que lle afecte directamente, deberá solicitalo á Alcaldía, antes de comeza-la sesión. Coa autorización desta, e a través dun único representante, poderá intervir durante o tempo que a Alcaldía lle conceda, con anterioridade á lectura, debate e vocación da proposta incluída na Orde do Día.
2.b: Unha vez iniciado aexplicitamente quenda de rogos e preguntas, o Alcalde establecerá un quenda entre o público existente. Corresponde ó Alcalde pechar dito quenda.
2.c: O Concello habilitará cando as circunstancias o permitan, unha oficina para ser utilizada polas Asociacións de Veciños inscritas no rexistro municipal.
2.d: En todo caso, o Concello recoñecerá explícitamente tódolos dereitos recoñecidos no ROF.

3º_Subvención:
3.a: O Concello destinará cada ano, en función das súas posibilidades, unha cantidade para subvencionar aqueles proxectos das AA.VV. encamiñados a acada-los fins expostos nos seus estatutos.
3.b: Para iso, o Concello publicará as bases polas que se rexerá o concurso de adxudicación e axudas.

4º_Rexistro e promoción do asociacionismo:
4.a: Para que o Concello poida recoñecer oficialmente ás Asociacións, e poidan estas beneficiarse do exposto neste regulamento, é condición indispensable a súa inscrición no Rexistro Municipal de Asociación do Concello.
4.b: A Concellería de Participación Cidadá fomentará o asociacionismo de toda índole, en orden a acada-la maior participación real dos veciños. Para isto facilitará canta información sexa precisa para a creación, rexistro e bo funcionamento das Asociacións.

O que se fai público para xeral coñecemento, de conformidade co establecido no artigo 70 da Lei 7/85, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, significando que o presente Regulamento entrará en vigor a partir do día seguinte a transcorrido o prazo previsto no artigo 65-2 da citada lei 7/85.
Vilagarcía de Arousa, a 25 de febreiro de 1992._O Alcalde, Xoaquín Xabier Gago López.


4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Feb 2017  
L
M
X
J
V
S
D
   
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
         
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2017. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -