_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
Arrancan os traballos para eliminar o cadillo e mellorar a calidade da area nas praias da Concha e Compostela

A colocación do cartel de obra ao pé do paseo marítimo e a chegada das primeiras máquinas anunciaban esta mañá o inicio dos traballos de rexeneración medioambiental das praias da Concha e Compostela. Con gaio desta actuación, o alcalde, Alberto Varela, o xefe do Servizo Provincial de Costas, Miguel García, e o responsable de Tragsa en Galicia, Pedro Álvarez, xunto con membros do goberno local, desprazáronse esta tarde ao lugar para inspeccionar os traballos e explicar o esperado proxecto co que se pretende erradicar o molesto cadillo e mellorar a calidade dos áridos da praia urbana de Vilagarcía.
25.04.2024.- A actuación, demandada polo Concello e xestionada polo goberno local ante Costas do Estado, executarase mediante un sistema de cuadrículas que se irán valando sucesivamente para non impedir o uso público da praia. O procedemento a seguir será o mesmo en cada unha delas. Primeiro retirarase a capa máis superficial da area, a lámina duns 30 centímetros de grosor na que se concentra a semente do cadillo (os molestos pinchos). En segundo lugar, abriranse gabias duns 2 metros de profundidade onde se botará a area extraída con anterioridade. O terceiro paso será aportar auga salgada para contribuír a desecar as sementes. E, por último, volverán a cubrirse as gabias coa area retirada anteriormente.

Esta última fase aproveitarase para voltear os áridos, é dicir, para deixar na superficie os que se atopaban na parte máis fonda e que son de maior calidade, como se detectou ao realizar as catas dos estudos previos ao proxecto. Isto debeuse a que os primeiros aportes de area que se fixeron a principios dos anos 90 do século pasado cando se rexeneraron as praias da Concha e da Compostela tiñan un grao máis fino que os que foron botando a posteriori.

Os traballos do proxecto de rexeneración medioambiental comezaron pola zona do piñeiral da Concha e irán avanzando por tramos cara á Compostela. Deste xeito deixarase acondicionada a zona na que está previsto celebrar o Atlantic Fest. A continuación realizarase unha operación similar comezando dende a Compostela cara á Concha. O responsable de Tragsa, empresa pública encargada de acometer os traballos, explicou que, aparte de operar en cuadrículas, sempre se deixarán corredores transversais entre as zonas de traballo –que estarán debidamente valadas- para que os usuarios das praias e os bañistas poidan acceder comodamente e sen necesidade de dar grandes rodeos.

O xefe provincial de Costas engadiu que o proxecto completarase coa reposición das pasarelas de acceso ao areal e a reposición doutros servizos.

O proxecto de rexeneración ten un custe de 528.435 euros que financia Costas do Estado. O prazo de execución é de 5 meses aínda que, a petición do Concello, os responsable de Tragsa comprometeuse a tratar de acurtar tendo en conta a proximidade do verán.

O alcalde recoñeceu que estas datas non son as mellores para acometer este tipo de intervencións na praia, “pero ante as numerosas queixas que nos chegaban debido ao cadillo e ao tempo que se levan sufrindo, consideramos que era mellor non dilatar máis a actuación e decidimos levala a cabo xa, tratando de que o plan de traballo interfira o menos posible no uso público dos areais e provoque as mínimas molestias. Somos conscientes de que aínda así, algunha molestia se producirá, pero tamén sabemos que o beneficio posterior valerá a pena”, explicou.

O rexedor agradeceu a boa disposición do xefe provincial “ante a nosa continua insistencia para que comezase o proxecto” e agradeceu a receptividade de Costas do Estado para buscar unha solución para a problemática do cadillo, “á que nunca antes se enfrontaran”, e a deseñar unha intervención única e específica para Vilagarcía. Para Varela, “isto non é máis que unha nova mostra da colaboración que Costas do Estado leva anos mantendo con Vilagarcía e que se concretou con actuacións como as dúas fases de renovación do paseo marítimo entre Vilagarcía e Carril ou a eliminación do antigo edificio do acuario que invadía o areal”. O rexedor mostrouse convencido de que este entendemento continuará con outras actuacións que Vilagarcía demanda, como as melloras nas praias do Preguntoiro e do Campanario que se están a xestionar.

O alcalde rematou con satisfacción advertindo que “esta foi unha gran semana para Vilagarcía, porque vimos cumprida unha antiga demanda da cidadanía coa inauguración da nova Biblioteca Municipal, e agora asistimos ao inicio doutra: a esperada rexeneracións das parias de Compostela e A Concha”.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    May 2024  
L
M
X
J
V
S
D
   
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
   
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -