FORMACIÓN
O alumnado de Socorrismo do Labora Xove completa a súa formación nunha visita á sede do 112 na Estrada O alumnado da especialidade de socorrismo do programa Labora Xove que está desenvolvendo actualmente en Vilagarcía completou a súa formación cunha visita ás instalacións do 112 Galicia e do Grupo de Apoio Loxístico de Intervención (GALI), ambas con sede na Estrada.
26.04.2024. Nunha visita formativa cualificada como moi interesante por alumnos e profesores, os primeiros coñeceron de primeira man o funcionamento do servizo de atención a emerxencias do 112 e visitaron as instalacións do GALI, onde puideron ver os medios materiais e tecnolóxicos que se empregan nas distintas intervencións en situacións de emerxencias.
Esta visita vén a complementar a formación que están a recibir os alumnos e alumnas do programa de emprego promovido polo Concello de Vilagarcía de Arousa. Coa formación recibida, os participantes poderán obter certificados de profesionalidade de socorrismo acuático e tamén formación complementaria en materias como prevención de riscos laborais e salvamento con drons.
Este programa de emprego para persoas mozas, está financiando con Fondos Europeos nun 60% a través do Programa FSE+ Galicia 2021-2027.