_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
Varela pide ao Sergas que axilice a construción do centro de saúde tras firmar ante notario a cesión do solar da comandancia

O alcalde de Vilagarcía, Alberto Varela Paz, e responsables do Servizo Galego de Saúde asinaron onte ante notario a acta de cesión do solar da antiga comandancia. O documento recolle e oficializa as condicións polas que o Concello cede gratuitamente ao Sergas a parcela de case 5.000 metros cadrados da avenida da Mariña co fin de que a administración autonómica constrúa nela o necesario novo centro de saúde. O acordo establece que os terreos reverterían automaticamente ao Concello no caso de que o inmoble deixase de prestar o servizo para o que foi cedido, é dicir, para centro de saúde, ou no prazo máximo de 8 anos si a Xunta non chegase a construír a dotación sanitaria.
26.04.2024.- Completado todo o procedemento legal que fai efectiva a cesión do solar e dispoñendo xa do proxecto técnico e de execución, o alcalde confía en que o Sergas axilice a actuación, lembrando que “en plena campaña electoral anunciaron ata en dúas ocasións que a obra se ía licitar no mes de febreiro, e seguimos esperando”. Pola súa banda e coa intención de acelerar o máximo o asunto, o Concello esta tramitando xa a licenza de construción, de xeito que o Sergas poida iniciar os traballos tan pronto como adxudique a obra.

Mellorar a infraestrutura e reforzar o persoal

Varela Paz insistiu na imperiosa necesidade que ten Vilagarcía de dispoñer dun centro de saúde en condicións e convenientemente dotado, tanto para que os profesionais sanitarios poidan realizar axeitadamente o seu traballo, como para que os usuarios poidan ser atendidos comodamente e con todas as garantías. “Levamos décadas demandando esta actuación e a Xunta non pode seguir demorándoa porque estamos a falar de temas de saúde, da Atención Primaria, que é básica e fundamental, e que actualmente, nas obsoletas instalacións de San Roque, se está prestando dun xeito precario pese ao inconmensurable esforzo de todo o persoal”. Neste punto, o rexedor tamén insistiu en que ademais das instalacións, o centro de saúde precisa un importante reforzo de facultativos, xa que o plantel se atopa baixo mínimos tanto nas consultas habituais como no PAC.

O goberno local de Vilagarcía leva anos xestionando a construción do novo centro de saúde. Despois das negociacións a tres bandas que concluíron coa firma dun protocolo de colaboración entre o Concello, a Autoridade Portuaria e o Sergas, a administración local adquiriu ao Porto o solar da antiga comandancia por 1.157.406 euros. Tas investir outros 150.000 na demolición da edificación existente, Ravellla puxo os terreos a disposición da administración autonómica, trámite oficializado onte coa firma ante notario da acta de cesión. Dando cumprimento ao acordado no protocolo, o Sergas ordenou a redacción do proxecto técnico e de execución e, agora, ten que sacar a licitación a obra.

A construción da infraestrutura sanitaria está presupostada en 14 millóns de euros que a Consellería financiará con fondos da Unión Europea. Segundo comentaron os responsables autonómicos cando viñeron a presentar o proxecto á cidade o ano pasado, a obra debería estar rematada en 2026. Tendo en conta que, unha vez finalizado o edificio, a Xunta aínda terá que dotalo de mobiliario e dos equipos técnicos necesarios, o executivo vilagarciá non quere que a obra se atrase, de aí que o rexedor advertise que “mantémonos vixiantes e seguiremos apremando ao Sergas para que a cidadanía de Vilagarcía poida contar canto antes co esperado e necesario novo centro de saúde”.

Novos servizos sanitarios un edificio más amplo

Segundo o Plan Funcional do Sergas, as futuras instalacións da Avenida da Mariña incrementarán en 3 as consultas de medicina xeral (ata sumar 17), en 4 as de enfermería (que tamén serán 17, de xeito que cada médico teña servizo de enfermería propio), en 1 as de pediatría (ata 5) e en 2 as de enfermería pediátrica (que tamén chegan a 5, unha por pediatra). O novo centro permitirá contar con sala de illamento e cunha sala pediátrica para nebulizacións. Ademais, duplicaranse as consultas de especialistas (traballo social, farmacia, matrona, odontoloxía, hixienista dental ou fisioterapia), que no actual centro tiñan unha única consulta, e aumentaranse tamén outro tipo de instalacións como as salas de reanimación e observación da área de urxencias, as salas técnicas, as salas polivalentes e as consultas de docencia.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    May 2024  
L
M
X
J
V
S
D
   
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
   
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -