_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
  SERVICIOS MUNICIPAIS / Facenda
INTERVENCIÓN
Dirección Casa do Concello. Praza de Ravella,
1 – 3ª Planta
36600 – Vilagarcía de Arousa
Teléfono 986 099 200 (Ext. 429)
Fax 986 50 11 09
Correo electrónico intervención@vilagarcia.es
recadacion@vilagarcia.es
tesoureria@vilagarcia.es
Horario público De luns a venres, de 9,30 a 13,30 horas
Interventora Ana Encarnación Gago Fernández

Os servicios adscritos a Intervención son:

Contabilidade Rosa Otero
986 099 200 Ext 422
Rendas Victor de Castro Conde
986 099 200 Ext 417
Correo electrónico intervención@vilagarcia.es

A administración financeira do Concello corresponde ós departamentos de Intervención e Tesourería.

O servicio de Intervención desenvolve as seguintes actividades:

• Fiscalizar tódolos actos, documentos e expedientes que dean lugar ó recoñecemento de dereitos e obrigacións de carácter económico.
• Ordena-los ingresos e pagos que se derivan dos actos anteriores.
• Intervi-los ingresos e fiscalizar tódolos actos de contido económico.

Dependente de Intervención é o servicio de Rendas, que basicamente se encarga de:

• Liquida-los ingresos municipais (impostos, taxas, prezos públicos e outros ingresos).
• Realiza-las propostas de resolucións dos recursos interpostos contra os ingresos municipais en período voluntario.
• Controla-las altas, baixas e modificacións dos rexistros
• Rexistra-los cambios de domicilios a efectos de notificacións.

TESOURERÍA
Dirección Casa do Concello. Praza de Ravella,
1 – 3ª Planta
36600 – Vilagarcía de Arousa
Teléfono 986 099 200 (Ext. 405))
Fax 986 50 11 09
Correo electrónico tesoureria@vilagarcia.es
Horario público De luns a venres, de 9,30 a 13,30 horas
Tesourería  

O departamento de Tesourería ten como funcións principais as seguintes:

• Manexar e controla-los fondos, valores e efectos do Concello.
• Realiza-los cobros e pagos que corresponden ó Concello.
• Exerce-la xefatura do servicio de Recadación, establecendo os procedementos recadatorios, autorizando os pliegos de cargo de valores que se entregan ós recadadores e axentes executivos, dictando as providencias de apremo nos expedientes deste carácter e autorizando, cando sexa necesario, a poxa dos bens embargados.

Dependente da Tesourería, o servicio de Recadación encárgase de realiza-lo proceso de cobro dos tributos, prezos públicos e outros ingresos, e de realiza-las propostas de resolución dos recursos interpostos contra os tributos en vía executiva de constriximento.

O cobro dos tributos efectúase por dúas vías:

• En período voluntario: dentro dos prazos legalmente establecidos, recollidos no Calendario do Contribuínte.
• En período executivo: unha vez rematado o prazo voluntario, sen que se tivera satisfeita a débeda, iníciase o período executivo. Antes de que sexa dictada a providencia de constrinximento, o pago incluirá un 10% de recargo, pero se xa foi notificada, o recargo será do 20%, máis os intereses de demora devengados e as custas que procedan.

Os pagos en período voluntario poden realizarse mediante dúas fórmulas:

• Liquidacións, a través das contas abertas nas oficinas bancarias colaboradoras.
• Recibos, nas oficinas bancarias e tamén directamente na oficina de Recadación.
Para evitar molestas esperas, recoméndase a primeira opción, é dicir, a domiciliación dos recibos nas entidades bancarias e número de conta que se citan a continuación:

Banco Pastor
0072 0419 32 0000105105

Caixa Galicia
2091 0522 54 3110000064

Caixanova
2080 0067 21 0040033804
2080 0448 76 0040129143

Os pagos en período executivo, en cambio, realízanse exclusivamente na oficina de Recadación.

RECADACIÓN
Dirección Casa do Concello. Praza de Ravella, 1 - 2ª planta. 36600 – Vilagarcía de Arousa
Teléfono 986 09 92 00
Fax 986 50 11 09
Correo electrónico recadacion@vilagarcia.es
Horario público De luns a venres, de 9,00 a 14,00 horas

 

 


4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Feb 2012  
L
M
X
J
V
S
D
   
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
       
4ENQUISA
Como cres que será o 2012?
Mellor que o 2011
Peor que o 2011
Igual
_
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2012. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -