A programación do Vilagarcía, Cidade de Libro segue incorporando sorpresas e importantes atractivos, como a batalla de galos que se desenvolverá o martes, 14 de xuño, na Praza da II República, para quentar o ambiente de cara ás Conservas ao Solpor que ese día protagonizará o rapeiro e escritor madrileño Rayden. Como petisco á súa intervención, os freestylers galegos Marck e Ruvix encerellaranse nunha animada liorta, en verso e a ritmo de hip hop, para poñer de manifesto a potencia e o potencial do que moitos chaman a “poesía urbana”. A posta en escena completarase coa intervención do speaker Risk. |