_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
DEPORTE
A Fundación amplía a súa oferta das Escolas de Deporte Base con atletismo e esgrima

A Fundación Municipal de Deportes ofrece este ano un total de 16 modalidades deportivas para as súas Escolas de Deporte Base tras engadir á carta inicial as actividades de atletismo e esgrima. A ampliación faise en atención a demanda de familias do municipio con fillos interesados en practicar estes deportes.
25. 09. 2013.- Así, as escolas de atletismo e esgrima súmanse a tenis, fútbol, patinaxe, actividades rítmicas con soporte musical, baloncesto, artes marciais, xadrez ,balonmán, tenis de mesa, voleibol, remo, bádminton, rugby e béisbol.

As Escolas de Deporte Base están dirixidas a nenos nados entre os anos 1998 e 2004. Nelas os escolares xa poderán elixir en unha ou máis actividades entre as 16 modalidades deportivas que se ofertan. O prazo de inscrición está aberto ata o 9 de outubro, igual que para as Escolas de Psicomotricidade (para escolares nados entre os anos 2008 e 2009, ambos incluídos) e para as de Multideporte (para nenos dos anos 2005 a 2007).

Os nenos con carné da Fundación poderán asistir de balde ás actividades. Os demais deberán abonar 12 euros ano ano, cota que se reduce un 25% no caso de familias numerosas. Tamén gozarán de gratuidade as familias con ingresos inferiores ao IPREM.

Os formularios de inscrición pódense obter nas oficinas da Fundación de Deportes, sita no Concello, ou imprimir a través do taboleiro de anuncios da web http://www.vilagarcia.es . A Fundación tamén remitirá a información aos centros educativos para que a distribúan entre o alumnado. A solicitude de inscrición debe presentarse dentro do prazo establecido nas dependencias da propia Fundación.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    May 2024  
L
M
X
J
V
S
D
   
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
   
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -