_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
CULTURA
O Clasclás despega o xoves por todo o alto co concerto inaugural da Sinfónica de Galicia

A segunda edición do Clasclás, o festival Internacional de Música Clásica de Vilagarcía, arranca este xoves, 27 de xuño, e faino do mellor xeito posible: cun concerto gratuíto a cargo da Sinfónica de Galicia, unha das mellores orquestras de España. O director artístico do Clasclás, Guy Braunstein dirixirá á Sinfónica neste concerto especial no que se interpretarán pezas de Beethoven, Verdi, ou Donizetti, entre outros. O reparto de invitacións levarase a cabo o mesmo xoves no Auditorio a partir das 11 da mañá e ata a finalización das mesmas,. Só se concederá un máximo de 4 localidades por persoa.
25.06.2019.- O concerto da Orquestra Sinfónica de Galicia comezará ás 21.00 horas e contará coas intervencións especiais como solistas da violinista Nancy Zhou; da soprano Laura Sanders e do barítono Sebastiá Peris. O programa a interpretar é o seguinte:

Ludwig van Beethoven | Obertura Egmont Op. 84
Camille Saint-Saëns | Introducción e Rondó capriccioso Op. 28
Giuseppe Verdi | Caro nome, da ópera Rigoletto
Gaetano Donizetti | Bella siccome un angelo, da ópera Don Pasquale
Gaetano Donizetti | Dueto de Norina e Malatesta, da ópera Don Pasquale
Antonín Dvořák | Sinfonía nº 9 “Desde o Novo Mundo” en Mi menor Op. 95


A programación do Clasclás inclué unha completa oferta de concertos gratuítos a celebrar en diferentes puntos da cidade e que protagonizarán os mentores e aos xóvenes talentos que asisten ao programa formativo do YAP. O seguinte será o que se celebrará o venres, 28 de xuño, ás 21:00 horas no Salón García, tamén con entrada de balde ata completara aforo. As entradas poderanse retirar na mesma sala dende unha hora antes do inicio do concerto. Daranse un máximo de 2 entradas por persoa.

Neste concerto, o trío de corda composto por Christa-Maria Stangorra (violín), Jacob Kuchenbuch (cello) e Susana Gómez Vázquez (piano) interpretarán a obra de Ludwig van Beethoven: Allegro Vivace e con brío, Largo assai ed espressivo e Presto.


O programa completo do Clasclás está dispoñible no taboleiro de anuncios do portal municipal http://www.vilagarcia.gal

Prodecemento de reparto de entradas para os concertos de balde, no seguinte enlace:
http://www.vilagarcia.es/novas/rtdo2.asp?idnoticia=10760
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Oct 2019  
L
M
X
J
V
S
D
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
     
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2019. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -