_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CULTURA
O Concello informa sobre a retirada de invitacións para asistir aos concertos gratuítos do Clasclás

O Concello de Vilagarcía informa do procedemento que se seguirá para a retirada das invitacións que se porán a disposición da cidadanía para asistir aos concertos gratuítos a desenvolver no marco do Festival Internacional de Música Clásica de Vilagarcía “Clasclás”. Estes concertos son o inaugural, que ofrecerá no Auditorio a Orquestra Sinfónica de Galicia, o de clausura e os que ofrecerán mentores e participantes no YAP na Praza da Peixería e no Salón García. Os únicos concertos gratuítos que non precisarán retirada de invitación son os que se celebrarán nas igrexas de Santiago Apóstolo de Carril e de San Martín de Sobrán, en Vilaxoán.
20.06.2019.- Os veciños que desexen asistir a estes eventos musicais deberán retirar as invitacións nos lugares e horas indicados a continuación:

Concerto Inaugural OSG • 27 Xuño
Retirada de entradas na billeteria do Auditorio Municipal o xoves 27 a partir das 11 horas da mañá e ata a finalización das mesmas.
(Máximo 4 entradas por persoa)

Concerto Clausura • 6 Xullo
Retirada de entradas na billeteria do Auditorio Municipal o sábado a partir das 18 horas
(Máximo 4 entradas por persoa)

Concertos do Salón García e Praza da Peixería
Retirada de entradas dende unha hora antes do concerto no lugar de celebración do mesmo.
(Máximo 2 entradas por persoa)

Para os concertos que teñan lugar nas Igrexias de San Martiño de Sobrán o mércores 3 ás 11:00 horas (vertente social e comunitaria) e na Igrexa de Santiago do Carril o xoves 4 e o venres 5 ás 12:30 horas, non é preciso a retirada de entradas.

Por outra banda, xa están completamente esgotadas as entradas para asistir aos concertos de pago que se celebrarán nos pazos da Golpelleira e Rubiáns.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -