_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
EDUCACIÓN
Adiántase a solicitude de axudas á escolarización para que se poidan cobrar antes do inicio de curso

As Axudas Municipais á Escolarización Infantil que convoca dende hai anos o Concello de Vilagarcía para aliviar o desembolso das familias para a compra de materiais a principio de curso, inclúen este ano unha importante novidade. A Concellería de Educación, adianta o prazo de solicitude ao mes de xuño, co obxecto de que os beneficiarios poidan cobrar os 60 euros da subvención antes de que comece o curso escolar. Isto será posible porque o baremo dos criterios económicos farase a través dos datos que Hacienda xa terá dispoñibles no mes de agosto da última declaración do IRPF do ano 2017.
11.06.2018.- Este primeiro prazo de solicitude vai do 11 ao 30 de xuño. Os interesados obter os formularios e consultar as bases no taboleiro de anuncios da web http://www.vilagarcia.es ou nos departamentos municipais de Educación e Servizos Sociais. As solicitudes deberán presentarse no rexistro Xeral do Concello de luns a venres en horario de 8.30 a 13.45 horas.

O Concello abrirá un segundo prazo de solicitude en setembro (do 1 ao 15) para que ninguén quede fora da convocatoria por despistarse do prazo ou aquelas familias que decidiran a última hora escolarizar so seus fillos (o grao Infantil non é obrigatorio). Nestes casos as axudan xa se cobrarían co curso iniciado e o desembolso realizado polas familias.

O Concello dispón dunha partida de 15.000 euros, algo superior ao do ano pasado, para financiar estas axudas, para as clases se destinan orzamento das concellerías de Educación e de Servizos Sociais.Para dar maior difusión da convocatoria, a Concellería de educación trasladará as bases a todos os centros educativos e as ANPAS.

Aínda que a escolarización non é obrigatoria na etapa Infantil, o goberno socialista considera que esta é unha medida imprescindible para un mellor desenvolvemento do neno tanto a nivel educativo como social e persoal, ademais de ser unha medida necesaria en moitos casos para a conciliación laboral. De aí que fomente a escolarización nesta etapa ofrecendo estas axudas que se conceden tendo en conta o nivel de ingresos da unidade familiar.

Bases e solicitude:
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -