Os veciños da rúa Campanario, en Vilar-Bamio, levan xa uns días testando o funcionamento da nova rede de recollida de augas pluviais instalada polo Concello co obxectivo de evitar que a vía se inunde cada vez que chove con certa intensidade. As canalización instaladas para recoller e reconducir as augas están operativas e o resultado dos traballos é o desexado, polo que nos próximos días completarase a obra co remate dalgunha tragante e arqueta pendentes, e o posterior asfaltado da calzada. |