_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CULTURA
Cultura colabora na organización das festas en barrios e parroquias contratando actuacións dos grupos locais

A Concellería de Cultura do Concello de Vilagarcía continúa desenvolvendo a súa política de colaboración coas comisións de festas das distintas parroquias e barrios do municipio co obxectivo de contribuír ao mantemento das súas celebracións tradicionais e de favorecer a dinamización das zonas rurais e da periferia urbana. Así, nas últimas dúas reunións da Xunta Local de Goberno aprobouse a contratación de dezaseis actuacións musicais para un total de dez festexos e eventos lúdicos en diferentes lugares do municipio.
06.05.2024.- As festas para as que xa se contratou a dinamización musical solicitada polas respectivas comisións organizadoras son as de San Pedro de Cornazo, San Antonio de Faxilde, San Cibrán de Sobradelo, San Roque de Carril, Nosa Señora da Xunqueira, Santa Marta de A Laxe, San Miguel de A Torre, o Día na Nai en Vilaxoán e a Comida Campestre de Loenzo de Abaixo e a Churrascada de Sobradelo. As actuacións que financia a Concellería cínguense aos grupos de gaitas, agrupacións folclóricas, corais ou musicais que demandan os propios organizadores dentro da lista de formacións que existen no municipio.

Deste xeito, a liña de colaboración do departamento que dirixe Sonia Outón cumpre un segundo obxectivo: o de promover a actividade dos numerosos grupos musicais e folclóricos cos que conta Vilagarcía e que, igual que as festas, son un compoñente máis da identidade cultural de Vilagarcía.

Nesta última quenda, as once agrupacións solicitadas polas propias comisións e contratadas polo Concello foron a Asociación Cultural Lumarada, a Coral San Pedro de Cornazo, Nós de Sobradelo, Airiños de Carril, a Asociación Cultural Nosa Señora da Xunqueira, Os Terribles de Arousa, Grupo de Gaitas Santa Plácida, Asociación Cultural Unión Piñeira, Mocidade da Torre e as corais Santa Eulalia e Máximo Patiño.

Esta non é a única vía de colaboración da Concellería cos festexos das parroquias. A maiores dos medios materiais e humanos (montaxe de palcos, equipos de son, reparto de cadeiras, etc..) que se poñen todos os anos a súa disposición, as comisións de festas tamén poden solicitar á Concellería a actuación da Banda de Música de Vilagarcía, ben na modalidade de concerto ou de acompañamento nas procesións. A través do convenio de colaboración entre o Concello e a Banda, e a cambio do correspondente financiamento, Cultura dispón anualmente dun número determinado de actuacións da Banda para distribuír entre as festas parroquiais. Deste xeito, conséguese que a emblemática e demandada formación musical estea presente en todos os lugares do municipio, e tamén se garante o mantemento e a actividade da agrupación musical.


4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    May 2024  
L
M
X
J
V
S
D
   
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
   
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -