As catorce vivendas máis illadas de Predramogueira xa dispoñen de servizo de saneamento municipal. O Concello de Vilagarcía vén de rematar a ampliación da rede para chegar á parte máis alta deste lugar pertencente á parroquia de Sobrán, obra de complexa execución pola diferenza de cotas, na que se investiron 112.330 euros financiados a través do Plan Concello. O alcalde de Vilagarcía, Alberto Varela, e o deputado provincial, Santos Héctor, xunto cos concelleiros Lino Mouriño e José María González, visitaron a obra acompañados de tres representantes da asociación de veciños de Galáns. |