|
FESTAS
A romaría urbana de Santa Rita resucita o domingo con procesión, baile tradicional, cine e verbena |
.jpg&ALTO=&ANCHO=200) |
Despois de dous anos, a tradicional romaría urbana que caracteriza as festas de Santa Rita, volverá a encher de bulicio a contorna de Vista Alegre no día grande na honra da avogada dos imposibles. O domingo, día de Santa Rita, a relixiosidade e a devoción impregnarán boa parte da xornada coas misas dende as 6 da mañá e a multitudinaria procesión con saída ás 20 horas. O guerreiro Morrigan e a deusa Celta da guerra visitarán mañá o parque da Xunqueira para pasear no seu carro aos nenos e nenas que acudan á feira, mentres que “Terra”, o himno das Tanxugueiras, soará e bailarase como colofón do VI Encontro Folclórico Santa Rita. O cine para os máis cativos regresa co Festivaliño, e grupos de gaitas da localidade animarán as rúas da cidade cos seus pasacalles. E a festa continuará o luns, festivo local en Vilagarcía. |
|
|
|
|
|
 |
4Participación
CIDADÁ |
_ |
_ |
_ |
|
|
|
 |
|
 |
|
|
 |
|
|
|