_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
A Adeac volve a recoñecer a calidade das praias de Compostela e O Campanario renovando as bandeiras azuis

Aínda que esperada, a renovación das bandeiras azuis para as praias da Compostela e O Campanario, foi acollida con satisfacción polo goberno local de Vilagarcía en tanto que o galardón avala, un ano máis, o resultado do traballo que se vén facendo dende hai anos para garantir a calidade das augas e dos servizos dos areais municipais. A renovación dos sistemas dos bombeos do saneamento, a retirada do edificio do acuario ou a reforma do paseo marítimo, foron outras das actuacións realizadas con este obxectivo.
07.05.2024.- A consolidación do recoñecemento internacional que concede a Asociación de Educación Ambiental y del Consumidor (ADEAC) ás mellores praias de España e do resto de Europa, súmase ademais ás distincións Sendeiros Azuis que a asociación independente concedeu este ano á Senda Verde e a Ruta Mariñeira entre VIlaxoán e Carrill.

A reiterada confirmación dos galardóns de calidade medioambiental da Adeac anima ao executivo que preside Alberto Varela a continuar avanzando nesta liña de mellora da calidade das praias e de recuperación medioambiental de rutas e itinerarios seguindo criterios de sostenibilidade e coidado do medio para que a poboación poida gozar destas contornas naturais nas condicións idóneas.

Nese marco estase, a través de Costas do Estado estase a desenvolver o plan de rexeneración medioambiental das praias da Concha- Compostela co obxectivo de erradicar os pinchos da planta invasora do cadillo e para mellorar calidade da area- Trátase dunha actuación moi demandada pola cidadanía e que cumpre os criterios que defende a Adeac para garantir o coidado e conservación destes tipo de espazos naturais. Tras coñecer a noticia da concesión da Bandeira azul, o Concello xa contactou coa asociación que preside José Palacios para explicarlle a actuación que se está a cometer na Compostela.


4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    May 2024  
L
M
X
J
V
S
D
   
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
   
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -