A deste ano será a edición máis diversa e integradora do Vilagarcía, Cidade de Libro en canto a xéneros, temáticas, autores e públicos. Unha edición que se desenvolverá do 11 ao 16 de xuño na Praza da II República e o Parque Miguel Hernández e que se envorcará en promover todo tipo de literatura entre lectores de todas as idades e en promocionar, tanto a escritores consagrados da talla de Lorenzo Silva, Nativel Preciado ou Javier Sierra, como aos novos talentos que están despuntando nas nosas letras. E todo cunha especial atención aos creadores e creadoras galegas. |