A Federación Galega de Ciclismo vén de abrir o prazo de inscrición na Copa Galicia de Pump Track -1º G.P. Vilagarcía, que se desenvolverá o sábado 1 de xuño no circuíto da Coca, e no que está previsto reunir aos mellores deportistas da comunidade nesta espectacular disciplina. O evento organizado polo organismo federativo en colaboración co Concello de Vilagarcía e o club Arousa Bike BTT celébrase por primeira vez na cidade, que aspira a consolidarse como sede fixa no calendario oficial deste deporte. |