_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
AVISOS
Os contedores de lixo da Praza Galicia, Duque de Rivas e Independencia cambian de emprazamento polas obras

O operativo para reorganizar os servizos como consecuencia das obras de humanización da Praza de Galicia que comezan este luns, 15 de xaneiro, implican tamén a redistribución dos puntos de recollida de lixo nas zonas afectadas directa ou indirectamente polas obras. Para garantir que os camións da recollida poden poidan realizar o seu cometido sen problemas, a partir do luns cambiarán de emprazamento os contedores da Praza de Galicia, Duque de Rivas e esquina da Independencia con padre Feijó. Colocaranse carteis en cada punto informado dos novos emprazamentos.
13.01.2018.- Os depósitos da Praza de Galicia (fronte Zara) repartiranse en dous puntos. A metade pasarán a reforzar a liña existente en Conde Vallellano e os restantes formarán un novo punto de recollida da desembocadura de Edelmiro Trillo con padre Feijó. Demais, a liña de contedores soterrados de Praza de Galicia queda fora de servizo xa que, debido ás obras, non poderán acceder a eles os camións da recollida.

Os depósitos que actualmente están na esquina de Praza de Independencia con padre Feijó só se desprazarán ao outro lado desta última rúa, mentres que os de Duque de Rivas, que cambia de sentido da circulación, repartiranse entre as zonas máis próximas de Gumersindo Nartallo e Juan Carlos I.

Os desprazamentos supervisados pola Concellería de Servizos, a concesionaria da recollida de lixo e a Policía efectuaranse en base a dúas premisas: a accesibilidade dos camións e que a maior comodidade para os usuarios. De feito, tívose en conta que os novos puntos de depósito estivesen o máis preto posible dos lugares orixinais. En todo caso, o Concello pide desculpas de antemán aos veciños polas molestias que se poidan ocasionar e prega a colaboración de todo o mundo á hora de depositar o lixo nos lugares e nos horarios adecuados para facilitar a labor dos servizos de recollida e que Vilagarcía presente a súa melloro imaxe en todo momento.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -