_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
Dúas mozas de Carril promoven unha xornada de voluntariado para a limpeza de praias

O sábado a mediodía dará comezo na Praia de Compostela un operativo de limpeza dos areais desenvolto por voluntarios. Dúas mozas de Carril promoven e organizan esta iniciativa que reúne a labor do voluntariado coa do coidado do medio ambiente e a conservación dos recursos mariños. A Concellería de Medio Ambiente e a asociación AmarCarril colaboran nesta primeira actividade dunha campaña á que as súas promotoras queren dar continuidade. Polo de agora xa hai 40 persoas anotadas para participar na batida do día 16 de decembro.
12.12.2017.- A actividade comezará ás 12 horas, polo que os participantes deberán concentrarse uns minutos antes no parque da Praia Compostela a efectos de recoller o material e organizar os grupos. O traballos organizarase por sectores e en función do número de voluntarios. A idea é limpar a praia da Compostela e ir avanzando cara Carril para ter toda esta liña de costa aseada cara as dúas da tarde.

Sabela Mosteiro, unha das promotoras explica que co movemento do mar e especialmente tras temporais, as praias soen encherse de plásticos e demais lixo que, ademais do dano estético que provocan, resultan moi prexudiciais para o medio e a fauna. Esta é a razón pola que se decidiu a organizar a actividade coa idea de evitar a contaminación do mar e o dano que esta causa tanto nos animais que habitan estas augas como nos que están de paso, aspectos que adquiren aínda máis relevancia tendo en conta que os areais son un importante recurso económico para o municipio como zonas de produción marisqueira ou como atractivo turístico ao pe dun territorio que é Parque Nacional.

A Concellería de Medio Ambiente acolleu con satisfacción a proposta destas rapazas xa que non é moi habitual que este tipo de campañas sexan promovidas por particulares, senón que o máis normal é que sexan as administracións as que asuman esta tarefa. “Parécenos moi interesante e positivo que a mocidade se molle no coidado das nosas praias e do medio ambiente, o que evidencia que existe compromiso e concienciación pola súa banda. Son valores que temos que estender e por iso a Concellería colaborará aportando material e nas labores de difusión da actividade. O que queremos é que resulte e que esta iniciativa sirva de exemplo para que a xente se mobilice por conta propia en pro do medio ambiente, a maiores do papel que teñen que xogar as administracións”, sinala Lino Mouriño.
Para a actividade do sábado, a Concellería proporcionará diverso material para facilitar a labor dos voluntarios, como sacos, luvas e rastrillos e tamén colaborará na retirada do lixo unha vez rematada a batida. Ademais, proporciónaselle cartelería para o anuncio da campaña.

Tanto o concelleiro como as promotoras fan un chamamento aos vilagarciáns a participar nesta primeira xornada de voluntariado de limpeza de praias. Os interesados deben anotarse previamente a través do grupo de facebook “limpeza de praias”, chamando ao teléfono 652844420 ou mandando un correo ao mail Sabela.pini@gmail.com . Para participar só é preciso acudir á hora sinalada e levar roupa e calzado apropiados.

A inscrición é necesaria a efectos de prever o material necesario.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -