_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
EDUCACIÓN
O Concello contrata as melloras na seguridade e desaugues do Anexo A Lomba por 4.458 euros

O compromiso adquirido polo concelleiro de Educación, Argimiro Serén, cos representantes da ANPA do Anexo A Lomba para tratar de poñer fin á entrada de vándalos ao recinto escolar comezará a materializarse en cuestión de días, unha vez que a empresa contratada para subministrar os materiais, remate de fabricar as pezas a medida necesarias para elevar o portalón de entrada e os peches laterais. Nesta mesma actuación, tamén se arranxarán os problemas da recollida de pluviais da cuberta do patio exterior. O Concello financia integramente as obras que teñen un custe de 4.458 euros.
07.10.2017.- Non se cumpriron aínda dúas semanas dende que o concelleiro de Educación recibiu aos representantes da ANPA do Anexo A Lomba para tratar de buscar solucións á problemática que dende hai meses e de forma reiterada está a padecer o centro, con persoas que entran polas noites no recinto deixando lixo no mesmo e causando estragos no material e nas instalacións.

Dado que a única forma de acceder ao interior do recinto cando o colexio está pechado é saltando o portalón de ferro, tras a inspección por parte do persoal municipal acordouse elevar a altura do mesmo, así como dos peches laterais, co obxecto de impedir a entrada dos vándalos.

O Concello encargou á empresa Construcciones Metálicas Cuevas a fabricación das pezas necesarias para acometer esta actuación, así como o subministro do canalón de recollida de augas do tellado do patio exterior, que está picado. Ademais, colocaranse tres novas baixadas de pluviais para repartir o caudal e evitar que a canaleta superior desborde, como viña acontecendo ata o de agora.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -