MULLER
Igualdade recorre ao monólogo de Pamela Valenciano para concienciar á mocidade contra a violencia de xénero O Auditorio Municipal de Vilagarcía acollerá o xoves pola mañá un monólogo moi especial. Trátase do espectáculo “No solo duelen los golpes”, no que a famosa monologuista Pamela Valenciano relata a súa propia experiencia como vítima de violencia machista cando era adolescente. A actividade está programada pola Área de Igualdade do Concello de Vilagarcía no marco das accións que leva a cabo cada curso para previr comportamentos sexistas e a violencia de xénero entre a poboación xuvenil. Por iso, o espectáculo está dirixido aos alumnos de 4º da ESO e de Bacharelato de todos os centros educativos do municipio.
30.09.2017.- “No solo duelen los golpes” naceu como un monólogo no que a súa autora e protagonista invitaba a reflexionar á mocidade sobre a violencia de xénero a través da súa experiencia persoal e utilizando o humor e a ironía. Despois de 12 anos xirando e máis de 3.500 actuacións en capitais e localidades españolas, por varios países de Latinoamérica e incluso en Viena e Korea, “No solo…” foi evolucionando ata converterse nunha especia de obradoiro con monólogo incluído no que Valenciano interactúa cos adolescentes que reaccionan en diferentes momentos coa risa, o enfado, a identificación ou a indignación para rematar tomando consciencia das actitudes machistas e dos diversos xeitos nos que se pode producir a violencia de xénero.
A proposta de Pamela aborda o mito do amor romántico, os celos, o control e a posesión, a violencia psicolóxica, sexual e física, ou a propia agresividade como consecuencia de vivir cun maltratador, así como a recuperación e o establecemento doutro modelo de amor.
Pamela Valenciano recibiu varios premios pola súa achega á prevención de la violencia machista en las aulas grazas a esta proposta.