_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
EDUCACIÓN
O Conservatorio abre o prazo para anotarse no curso de iniciación á música

O Conservatorio Profesional de Música de Vilagarcía organiza unha nova edición do Curso de Iniciación á Música dirixido a nenos. A iniciativa está destinada principalmente a nenos e nenas que cumpran 8 anos en 2018, é dicir, aos nados en 2010, aínda tamén se poderán sumar cativos nados en anos anteriores. As clases impartiranse os mércores, de 18:00 a 19:00 horas no Conservatorio dende outubro 2017 ata xuño e o custe anual da actividade é de 82,65 euros.
27.09.2017.- O curso enténdese como un xeito de aprender educación musical de forma lúdica e participativa, probando, tocando, vendo e escoitando. Os obxectivos do mesmo son que os nenos e nenas adquirirán xa a idades temperás os coñecementos básicos da música a través da experimentación e do xogo e con contidos fundamentais coma o pulso e o ritmo.

O proxecto do Curso de Iniciación Música foi deseñado polo Claustro de Profesores do centro e conta coa autorización da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia. Nesta ocasión, a actividade será impartida polo profesor Roberto Sánchez Barreiro, aínda que contará coa colaboración de todos os membros do claustro para impartir as sesión ao longo do curso.

O prazo de inscrición xa está aberto e os interesados deberán pasar polas oficinas do Conservatorio, sitas no primeiro andar do Auditorio Municipal, en horario de 10:00 a 13:30 e de 16:00 a 20:00 para cubrir a solicitude. O dia 3 de outubro a máis tardar, o centro publicará a listaxe do alumnado admitido. A admisión realizarase tendo en conta a data de nacemento (primeiro os nados nos anos 2010 e 2009) e por rigorosa orde de inscrición.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -