_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
O pintado de carril bici nos pasos de peóns comezaron polos cruces do paseo do río

O Concello comezou esta mañá a pintar os primeiros carrís para uso exclusivo de bicicletas nos pasos de peóns que unen zonas peonís. A medida, anunciada a semana pasada pola concelleira de Mobilidade, Paola María, estreouse en dous dos principias cruces que atravesan o paseo do río do Con (paralelo á avenida Rodrigo de Mendoza): á altura das pontes das rúas Doutor Tourón e de Santa Eulalia.
26.09.2017.- En ámbolos dous casos aproveitouse a sinalización do carril bici para desprazar uns metros os pasos de cebra co obxectivo de facelos coincidir cos tramos do paseo para darlles continuidade, facilitando así o tránsito de persoas e ciclistas. De forma complementaria e segundo as indicacións da Policía Local, tamén se desprazarán un metros os contedores de lixo situados nas inmediacións do paso de cebra, co obxecto de manter a perfecta visibilidade por parte dos condutores de vehículos.

Para evitar confusións tanto de peóns como dos ciclistas, a sinalización do corredor para ciclistas completarase pintando no seu interior a típica silueta dunha bicicleta. Deste xeito, uns e outros disporán da súa zona exclusiva para atravesar a rúa sen interferirse.

A concelleira de Mobilidade anunciou que nesta primeira fase serán doce os pasos de peóns que unen zonas peonís que incorporarán o carril bici. Os traballos de pintado continuarán nas vindeiras semanas e sempre que as condicións meteorolóxicas o permitan, xa que chovendo ou co asfalto húmido a pintura non se adhire.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -