_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
A adxudicataria da Praza de España arranxará as zonas axardinadas deterioradas pola falta de mantemento

A empresa que levou a cabo Urbanización e Remodelación do Entorno da Praza de España arranxará as zonas axardinadas deterioradas pola falta de mantemento dende que concluíu a obra. A Xunta Local de Goberno acordou na reunión de hoxe trasladar a Stradia Infraestruturas o listado de actuacións que deberá realizar, así como o presuposto das mesmas, valoradas en 10.607 euros. A decisión do goberno chega despois das conversas mantidas este verán con responsables da adxudicataria para abordar a situación.
25.09.2017.- A razón pola que debe ser a adxudicataria quen solucione os problemas que se rexistran nas zonas de céspede da Praza de España é que o incumprimento por parte da empresa do compromiso recollido no contrato de asumir o mantemento integral e conservación da zona axardinada durante os 24 meses posteriores ao remate da obra da Praza de España. A empresa nunca materializou o compromiso que ela mesma ofertara como mellora na súa proposta de licitación, e no que se especificaba que o mantemento debía garantir o “estado óptimo• das zonas axardinadas “con especial coidado do crecemento do céspede e podas das árbores, control do seu crecemento despois da poda”, como se recolle no informe que o goberno local encargou ao director da obra.

Segundo consta no informe da dirección de obra, esta falta de mantemento provocou “un exceso de compactación na terra vexetal sobre a que se sementou o céspede, o que propiciou a creación dunha capa impermeable que afoga as raíces ao impedir que as augas superficiais non drenen cara as capas de gravas inferiores”. Esta circunstancia provoca que en épocas de chuvia a zona de céspede se converta nunha lameira e que en períodos secos aparezan calvas que deterioran a imaxe da praza e impiden o completo uso e goce desta céntrica zona de esparexemento. Como consecuencia destes dous anos sen o axeitado mantemento, o técnico conclúe que “faise necesaria unha actuación máis radical e profunda para acadar un substrato permeable que permita a entrada de osíxeno ás raíces e para que o céspede estea en bo estado durante todo o ano”.

As actuacións que deberá realizar Stradia segundo o informe do técnico consisten en:
Retirar a capa de terra vexetal excesivamente compactada e soterrar uns 8 centímetros os pozos centrais que, debido á compactación do terreos, non se sitúan á cota máis baixa e, polo tanto, non poden actuar como sumidoiros das augas superficiais.

Tamén terán que subministrar, estender e nivelar unha capa de 10 centímetros de grosos de area de río limpa e cribada que garanta a permeabilidade do conxunto das raíces e, por último, terán que sementar céspede fino de gramíneas resistente á sombra, asumido ademais os traballos de desbroce, perfilado e fresado do terreo, distribución do fertilizante, pase de rulo e primeira rega.
O acordo adoptado hoxe pola Xunta de Goberno será remitido canto antes á empresa para que acometan os traballos. De non facelo nun prazo prudencial, executaraos o Concello a través do aval depositado no seu día por Stradia.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -