CONCELLO
O alcalde recibe ao inspector xefe da comisaría da Policía Nacional O alcalde, Alberto Varela, e o concelleiro de Seguridade e Policía Local, Juan Antonio Pérez Callón, recibiron esta mañá no Concello ano novo Inspector Xefe da Comisaría da Policía Nacional en Vilagarcía. Juan José Díaz Jiménez,que tomou posesión do cargo xa fai días, presentouse oficialmente aos munícipes nunha reunión que aproveitaron para repasar os temas sobre seguridade cidadá que afectan ao municipio.
11.09.2017.- No encontro intercambiáronse impresións e falouse sobre os temas de coordinación e colaboración entre a Policía Nacional e Local, unha colaboración que tanto o comisario como o alcalde e o edil coincidiron en cualificar como “moi fluída e positiva”. De feito, ambos corpos celebran reunións periódicas de coordinación.
A maiores, repasáronse as estatísticas delitivas que se rexistran no ámbito de actuación da Comisaría vilagarciá, constatando que se atopan en índices normais que poñen de manifesto que Vilagarcía é unha cidade “tranquila”.
Juan José Díaz Jiménez, é natural de Murcia e toma o relevo a Emilio Fernández, destinado á Comisaría da Coruña, que exerceu de inspector xefe en Vilagarcía durante o último ano.