_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
FESTAS
Leilía, o Mago Teto, o Circo no Ato e o desfile solidario de traxes galegos, principais atractivos da xornada

Para o primeiro domingo das festas de San Roque, o programa ven cargado de actos para todos os gustos. O apartado social gaña relevancia hoxe xa que, ao Festiclown social dos últimos días súmase o domingo a súa Gala Solidaria Infantil e tamén o desfile de traxes tradicionais galegos organizado para recadar fondos para a asociación de TDAH Salnés. O son das gaitas porano Froallo e Treboada de Gillán e toque internacional as compañía brasileira Circo no Ato, que intervén na Mostra Internacional do Festiclown. A vela rematará, como sempre, cun concerto de balde na Xunqueira, nesta ocasión a cargo dos galegos Leilía.
AXENDA PARA O DOMINGO13 DE AGOSTO
11:00 – 14:30 | 18:00 – 23:00 – Praza da II RepúblicaExpoferta

12:00 – Salón García - Festiclown – Social
GALA SOLIDARIA INFANTIL (Entrada Solidaria 5€)
MAGO TETO, DANI GARCÍA , OS SETE MAGNÍFICOS MAIS UN, JANO COSTAS e moitas máis sorpresas

12:30 -Pasacalle
GRUPO DE GAITAS FROALLO

14:00 – Cáritas- Festiclown – Social
ACCIÓN NO COMEDOR SOCIAL DE CÁRITAS

20:00 – Rúa García Caamaño- Desfile de Traxe Tradicional Galego
A Asociación TDAH SALNÉS organiza un desfile de Traxes Tradicionais galegos co obxecto de recadar fondos para a creación dunha beca de Terapia e Formación para os nenos e nenas afectados polo trastorno de déficit de atención con hiperactividade (TDAH), dislexia e outros trastornos da aprendizaxe. Participan diversos colectivos da cidade e doutros municipios

20:00 – Rúa Rey Daviña, esquina Valentín Viqueira Festiclown – Certamen Intergaláctico
MAGO TETO “25 ANOS DE TOLEMAXIA

20:30 - Pasacalle
GRUPO DE GAITAS TREBOADA DE GUILLÁN

21:30 – Praza de Galicia- Festiclown – Mostra Internacional
COMPAÑÍA: CIRCO NO ATO (Brasil)
ESPECTÁCULO: A SALTO ALTO
Obtiveron o Prémio Carequinha Funarte en 2013, para realizar unha itinerancia por 10 cidades do estado de Rio de Janeiro. Foi vencedor da Mostra Competitiva de Circo do FIl en 2014 e obtivo o Viva a Arte!, Fomento Directo da Secretaría de Cultura de Rio de Janeiro en 2015, para a creación deste novo espectáculo, que agora vén a Galicia.

23:00 – Parque da Xunqueira- Concerto
LEILÍA
Máis de vinte anos despois do seu debut, Leilía volta a sorprendernos cun espectáculo impecable, maduro e fiel ás súas raíces. Unha coidadísima posta en escena e unha orixinal instrumentación sitúan a CONsentimento entre as propostas máis interesantes da música de raíz actual
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Oct 2017  
L
M
X
J
V
S
D
           
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
         
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2017. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -