_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
O Concello xestiona ante a Dirección Xeral de Familia a creación en Vilagarcía dun Punto de Encontro

A concelleira de Igualdade e Benestar, Tania García Sanmartín, desprazouse esta semana á Santiago para xestionar a creación en Vilagarcía dun Punto de Encontro que dea servizo a toda a comarca. García e a coordinadora de Servizos Sociais des entrevistáronse coa directora xeral d e Familia para plantearlle a demanda, aprobada por unanimidade polo Pleno da Corporación e dar conta dos datos que avalan a petición. Aínda que a edil regresou sen compromiso nin prazos por parte do departamento autonómico, comentou que seguirán facendo as xestións para contra canto antes co necesario servizo e que a Xunta habilite a partida económica necesaria nos orzamentos do ano que ven.
12.08.2017.- Entre os datos que a Concelleira de Igualdade lle expuxo á directora Xeral de Familia para argumentar a necesidade do Punto de Encontro figuran as 27 ordes de protección cara mulleres que están en activo nestes momentos so en Vilagarcía ao considerar que se atopan en risco pola actitudes das súas ex parellas. Moitas destas mulleres teñen fillos menores que teñen un réxime de visitas ou custodia establecida co pai e que fai preciso que as dúas partes se encontren no momento de recoller e devolver aos cativos. Para evitar riscos, ou simplemente e situacións incómodas tanto para os proxenitores como para os nenos, é para o que se crean estes Puntos de Encontros oficiais.

O número de persoas nesta situación elévase se recorremos a outros concellos da zona que tamén carecen de Puntos de Encontro oficiais e que fan que os afectados e afectadas teñan que desprazarse ata Pontevedra á hora de intercambiar aos fillos, cos conseguinte trastorno que a moitos lle pode supoñer facer o desprazamento e mesmo polo esforzo económico que isto supón para moitos dos afectados.

García Sanmartín non negou a súa decepción ante a resposta da directora Xera de Familia da que o único que sacou foi que a Consellería faría un estudio de necesidades para determinar a conveniencia de crear o servizo nesta zona, sen dar prazo algún, e puntualizando que nos orzamentos de 2018 non habería partida para o Punto de Encontro. “Aínda que decepcionante, a resposta tampouco era de estrañar tendo en conta que aínda que o PP local aprobou a nosa moción, no Parlamento a deputada popular de Vilagarcía, Marta Rodríguez Arias, votou en contra”, sinalou a concelleira socialista que, non obstante insistiu en que “seguiremos facendo as xestións oportunas para tratar de que en 2018 si haxa partida autonómica para o Punto de Encontro de Vilagarcía, porque é unha imperiosa necesidade”.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -