_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
FESTAS
Bebe amosa seu “Cambio de Piel” no concerto na Xunqueira

O primeiro sábado das festas de San Roque 2017 cotará con todo o colorido e diversión dos espectáculos internacionais do Festiclown e coa música tradicional dos grupos folclóricos e de gaitas de Cornazo e Cea. A oferta complétase coa feira de oportunidades Expoferta, cos campionato de vela e a exposición da sala Rivas Briones “Scenes At Arousa Bay”. E o primeiro gran concerto das festas chegará ás 23:00 horas no Parque da Xunqueira coa actuación da cantante Bebe, que interpretará os temas do seu último disco “Cambio de Piel” así como outros éxitos.
AXENDA PARA O SÁBADO 12 DE AGOSTO
10:00 – 14:00 e 16:00 – 18:00 Auditorio Municipal- Formaclown
CURSO: CURANDO CO RISO

11:00 – 14:30 | 18:00 – 23:00 – Praza da II República- Expoferta Zona Aberta 2017
12ª FEIRA DE OPORTUNIDADES
Organiza: Asociación de comerciantes Zona Aberta

11:00 – Praza de España- Festiclown – Social
O MUNDO QUE QUEREMOS. OBRADOIRO DE RADIO COOPERATIVA

12:00 – Rúas de Vilagarcía- Festiclown – Desclowntrol nas rúas
TCHYMINIGAGUA “FUTURISMO GALÁCTICO”

12:30 - Pasacalle
GRUPO DE GAITAS LUMARADA DE CORNAZO

13:00 – Rúa Castelao- Festiclown – Superroquiños
NATALIA OUTEIRO “PAJARITO”, “A VIDA TOLA”

19:00 – Rúas de Vilagarcía- Festiclown – Desclowntrol nas rúas
TCHYMINIGAGUA “FUTURISMO GALÁCTICO”

20:00 – Rúa Rey Daviña, esquina Valentín Viqueira- Festiclown – Certamen Intergaláctico
NATALIA OUTEIRO “PAJARITO”, “A VIDA TOLA”

20:30 - Pasacalle
GRUPO DE GAITAS E BAILE S. PEDRO DE CEA

21:30 – Praza de Galicia- Festiclown – Mostra Internacional
COMPAÑÍA: VAQUES (Asturias)
ESPECTÁCULO: YE ORBAYU
“Acrobacias, mastro chinés e humor por milleiros, diso trátase e así nos deixamos levar nunha deriva humorística na que cosemos con fíos de carpa de circo todos estes anacos de nós en escena. Esperamos ser como o orbayu, liviáns, case imperceptibles, pero coa firme pretensión de calar ata os ósos.”

23:00 – Parque da Xunqueira - Concerto
BEBE
Recuperando a esencia do que un día lle valeu ser toda unha revelación da música popular, no seu cuarto álbum “Cambio de piel” ven da man de Carlos Jean, o produtor dos seus dous primeiros albumes. O resultado é un reencontro coa mellor Bebe, creativa e íntima, sensual e sincera. Un traballo moi persoal que nos ofrece a mellor colección de cancións imaxinables da artista.

Do 11 de Agosto ao 6 de Octubre. Sala Rivas Briones - Exposición “Scenes At Arosa Bay”
“Scenes at Arosa Bay: Vidas propias, miradas alleas”, é unha exposición realizada polo Concello de Vilagarcía coa colección de fotografías propiedade de Juan Carlos Porto e na que se fai un repaso pola Vilagarcía dos anos 20 do século pasado e que amosa a relación da vila coa Armada Inglesa. A mostra complétase cunha selección de auga tintas de Míriam Villaronga.
A inauguración da mostra, o venres 11 de agosto, ás 20:30 horas, contará coa actuación musical do grupo de acordeóns Arosa Bay.

Do 12 ao 15 de agosto - Campionato de Europa Junior de 49er e 49erFX
En augas da Ría de Arousa
Organiza: Federación Galega de Vela
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -