_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
Tres empresas están interesadas en explotar o quiosco bar da Praia Compostela

Tres empresas concorren ao concurso convocado polo Concello de Vilagarcía para adxudicar a explotación do quiosco-bar da Praia Compostela. A Mesa de Contratación reunise esta mañá para abrir as ofertas que agora deberán ser informadas polos servizos técnicos e xurídicos antes de emitir a proposta definitiva de adxudicación.
22.06.2017.- O Concello de Vilagarcía sacou a licitación o contrato para a explotación do quiosco da praia da Compostela co obxecto de que o servizo estea en funcionamento coa temporada de verán. A intención é que as instalación presten servizo de xeito continuado e coa maior estabilidade posible, polo que a oferta é de 1 ano de contrato, prorrogable outros 12 meses. O prezo de licitación é de 200 euros ao mes.

Como xa aconteceu o ano pasado, e tal como se recolle nos pregos do concurso, se valorará a presentación dun proxecto de dinamización das instalacións mediante a organización de actividades ou prestación doutros servizos, para garantir a actividade e incrementar o atractivo dunhas instalacións situadas en un lugar privilexiado e que contan cun enorme potencial turístico.

O Concello establece un horario mínimo a cumprir polo establecemento do 15 de xuño ao 15 de setembro que será de 10 da mañá ás 21 horas ininterrompidamente. A ampliación puntuará positivamente e aínda que se deixa flexibilidade no horario de outono e inverno, tamén se terá en conta.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -