CONCELLO
O bus ao Hospital das 7:30 modifica o horario de saída ata as 7:45 por petición dos usuarios O servizo do autobús ao Hospital con saída ás 7:30 horas dende Vilagarcía pasará a prestarse ás 7:45 horas a partir do mércores, 21 de xuño. O cambio de horario faise a petición dos usuarios do transporte colectivo a efectos de poder enlazar mellor con outras liñas urbanas procedentes das parroquias do municipio.
15.06.2017.- A empresa concesionaria do servizo, grupo Abalo, comunicou ao Concello as numerosas petición que os usuarios do transporte urbano lle trasladaron aos condutores dos autobuses dende que se puxo en marcha o VaiBus Plus. O Concello, que subvenciona o bus ao Hospital dou vista boa o cambio horario dado que o que se pretende é que sexa un servizo eficaz e cómodo para os usuarios e que poidan enlazar con outras liñas urbanas do municipio sen ter que realizar grandes esperas.
Os demais horarios tanto os de saída dende Vilagarcía-Cavadelo como os de regreso dende o Hospital mantéñense sen cambios.