_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
OBRAS E SERVIZOS
Adxudicadas as obras de mellora do edificio da sala de árbitros das pistas de atletismo

As infraestruturas do complexo multideportivo de Fontecarmoa serán obxecto en breve dunha nova actuación de mellora. Neste caso os traballos centraranse no edificio que alberga a sala de árbitros das pistas de atletismo e unha zona de almacén, construción moi deteriorada polas filtracións de humidade e a falta de mantemento dos últimos anos. A Xunta Local de Goberno acordou o luns adxudicar á construtora CCS a realización das obras nas que o Concello investirá 43.000 euros.
14.06.2017.- O edificio no que se actuará alberga baixo un forxado e o graderío a sala de árbitros e un almacén, e na planta alta uns aseos.

Os traballos a executar están convenientemente detallados no estudio técnico realizado previamente polo arquitecto José Millán Armas tras unha exhaustiva inspección na que se detectou que “os remates interiores do edificio están deteriorados ou presentan un avanzado estado de degradación froito das filtracións e humidades existentes producidas por unha execución inadecuada y/ou por falta de mantemento”.

As obras que realizará CCS centraranse na restauración e adecuación das instalacións a unhas condicións estéticas e de acabado que cumpran o cometido para as que foron deseñadas.

Entre as actuacións máis salientables que se inclúen nesta obra están a substitución da tella da cuberta por unha nova convenientemente selada e a instalación dunha canaleta de recollida de pluviais na zona posterior do tellado dos aseos e as fachadas e demais elementos exteriores trataranse cun sistema impermeabilizante antifisuras. Ao pavimento exterior da planta alta daráselle un acabado con pintura para uso en solo e á varanda metálica existente tratarase cunha capa de esmalte.

No interior colocarase un novo falso teito de pladur ou similar e reporanse as pantallas eléctricas. No almacén colocarase unha porta nova e as paredes interiores de todo o edificio rematarase cunha capa de pintura ao silicato

Coas solucións detalladas mellorarase o aspecto estético e funcional da instalación deportiva e evitarase que continúe a degradación dos materiais.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    May 2024  
L
M
X
J
V
S
D
   
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
   
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -