_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
O reputado saxofonista Bernard Anderson súmase ao cartel do Vilablues, que xa ten datas e banda propia

A confección do cartel da segunda edición do Festival Vilablues, Festival Internacional de Vilagarcía de Arousa que se celebrará os días 7,8 e 9 de xullo, vai tomando forma. Á xa anunciada presenza da dama do blues Angela Brown, agora súmanselle grandes nomes da escena española como Rede House e Suitcase Brothers. Estes últimos, a pesar da súa gran bagaxe por todo o mundo, farán a súa primeira actuación en Galicia. Ademais tamén estarán presentes Bernard Anderson, un dos máis reputados saxofonistas da Baía de San Francisco, e á súa vez un gran cantante e “enterteiner” que non deixará a ninguén indiferente cos seus ritmos blues e soul, segundo asegura a organización do festival.
27.05.2017. Como o ano pasado, o evento contará tamén coa súa propia banda, a Vilablues Band, que xa está definida e encherá de ritmos as Vermú Sessions, facendo destas unha festa entre os artistas que se atopen en Vilagarcía. Will Jacobs, guitarrista e cantante, é a nova promesa de Chicago xa convertida en realidade, xa que aos seus 23 anos compartiu escenario con moitos dos grandes nomes da capital mundial do blues. Crish Rannemberg, único non americano en gañar a Living Blues Award, ou o que é o mesmo o premio máis importante de toda a escena blues mundial, será o encargado dos teclados. Na batería estará Julian Vaughn, batería de Albert King, B.B. King, Little Walter e Johnny Copeland entre outros. A banda complétase con Daryl Taylor, baixista e voz, quen xa participou na primeira edición coa formación de Marcos Coll, quen, por certo, este ano estará presente no festival como director artístico do mesmo.

O Vilablues non só contará con actuacións musicais. Ao igual que na súa primeira edición, nas actividades paralelas organizásense masterclass de varios dos artistas participantes no festival, así como unha conferencia sobre o blues impartida por Manuel L. Poy, coñecido escritor e xornalista musical especializado no xénero. E, por suposto, o festival volverá contar coas clases de baile, actividade que cultivo gran éxito na anterior edición e que este ano estarán impartidas por Alba Mengual, directora de Big Mama Swing Madrid, e gañadora de moitos certames a nivel mundial.

A organización, da que participa o Concello como promotor e principal patrocinador, anunciará en breve o peche definitivo do cartel, coa inclusión doutro artista internacional, a representación galega e algún artista internacional do circuíto estatal.


4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -