_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
DESENVOLVEMENTO LOCAL
O VaiBus!+ abre a liña ao hospital e reforza a nova política de mobilidade

Despois da súa presentación o pasado luns 22, día de Santa Rita, o VaiBus! Plus comezou a andar e a liña Vilagarcía-Hospital do Salnés xa é unha realidade. Con sete traxectos diarios (ida e volta) e un prezo de 1,35 euros por viaxe, o Concello dá así satisfacción a unha vella demanda dos veciños pero especialmente dos usuarios do centro médico. O Vaibus!+ é unha peza máis dentro da nova política de mobilidade.
23.05.2017. Con presenza do alcalde, Alberto Varela, e da concelleira de Urbanismo e Mobilidade, Paola María, e varios membros mais do goberno local, ademais de varios representantes da empresa Benito Abalo, encabezados por María Jesús Abalo, o VaiBus!+ foi presentado antes os medios e ante o público nunha data simbólica, o día de Santa Rita. Durante as dúas horas que un dos dous autocares que farán o servizo estivo na praza de Galicia foron numerosas as persoas que se interesaron polo Vaibús+! Nas últimas semanas tamén foron moitos os veciños que se achegaron á oficina de Turismo, situada xusto detrás da parada do Cavadelo, para preguntar cando se poñía en marcha o servizo. Dous indicios, a xuízo do goberno local e de Benito Abalo, de que o Vaibús!+ vai ser un éxito.

Os horarios do servizo de autobús ao hospital son: de IDA (Vilagarcía-Hospital): 7.30, 8.30, 9.30, 10.30, 11.30, 12.15 e 13.30 horas; e de VOLTA (Hospital-Vilagarcía): 8.15, 9.15, 10.15, 11.15, 12.15, 12.40 e 14 horas.
O punto de partida é a dársena do Cavadelo e ten paradas na rúa San Roque, fronte ó ambulatorio; na recta de Rubiáns, á altura do cemiterio; e na mesma estrada, no cruce para Rubiáns e Zamar. O autobús é facilmente identificable pola rotulación da carrocería, cunha grande cruz vermella.
Nun futuro, e en función de como evolucione o servizo, goberno local e empresa poderían ampliar os horarios á tarde e mesmo establecer bonos, como xa ocorre no VaiBús! normal, o que se aplica ás liñas que percorren o termo municipal, segundo anunciaron tanto Paola María como a representante da empresa, María Jesús Abalo. Con todo, e a xuízo da concelleira, tamén a Xunta debería colaborar neste novo xeito de entender a mobilidade, buscando a colaboración entre distintas administracións e entre estas e o sector privado.

Neste mesmo sentido, o alcalde, Alberto Varela, volveu a incidir en que é preciso garantir a intermodalidade do transporte local e comarcal. O rexedor volveu a lembrar que non ten moito sentido situar a Vilagarcía na liña de alta velocidade mentres que o transporte dende calquera punto da comarca a esa liña e por conseguinte a Vilagarcía segue sendo moi difícil, e máis cunha estación de autobuses practicamente desconectada da do ferrocarril, malia que están separadas fisicamente apenas cen metros.
O alcalde lembrou que xa trasladou esta demanda local e comarcal tanto á Xunta como ao Ministerio de Fomento sen que ningunha das dúas institucións tivera en conta as demandas da que elas mesmas recoñecen como a oitava cidade de Galicia e unha das comarcas máis dinámicas da comunidade. “Non me vou cansar de reivindicalo. Pero, en calquera caso, alá onde non haxa resposta pola Xunta o polo Estado, que os veciños saiban que si terán resposta por parte do Concello”, dixo Alberto Varela, que puxo como exemplo, precisamente, a liña de transporte ao hospital, na que o Concello investirán 25.000 euros anuais.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -