_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
XUVENTUDE
O Lectoriño regresa esta fin de semana coa participación de sete editoriais e catro sesións de contacontos

A XVI Mostra Infantil de Literatura Infantil e Xuvenil do Concello de Vilagarcía regresa esta fin de semana (sábado 22 e domingo 23 de abril)aoo Auditorio Municipal. O Lectoriño conta este ano coa participación de sete editoriais e a Consellería de Cultura que porán a disposición dos asistentes exemplares das súas novidades e, de xeito paralelo á mostra organizaranse espectáculos de contacontos e xogos de animación á lectura. O Lectoriño é unha actividade organizada pola Concellería de Xuventude que este ano reserva un espazo especial da mostra para a obra de Carlos Casares, autor homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas.
21.04.2017.- As editoriais que participan no Lectoriño son Xerais de Galicia, Kalandraka, OQO-Editora, Edicións do Castro, Ir Indo, Galaxia e Patasdepeixe. Tamén aporta obras a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

A mostra emprázase na Sala de Conferencias do Auditorio onde a Concellería de Xuventude ten disposto espazos apropiados dotados con pufs e colchonetas para que os nenos e nenas poidan ollar e ler os libros expostos con toda comodidade.
Nese mesmo espazo celebraranse as sesións de xogos e contacontos o sábado. A primeira será ás 12 do mediodía e trátase dun contacontos ilustrado homenaxe a Carlos casares que leva por título “Polo Correo do vento”. Xa pola tarde, a partir das 17:00 horas celebrarase o obradoiro de animación dedicado a Casares, “Lolo anda en bicicleta”, que impartirán os alumnos e alumnas dos curso de Animación Lectura impartido pola Concellería.

O domingo as actividades trasládanse a mediodía ao exterior do Auditorio co espectáculo de animación na rúa “A canoa laranxa máis laranxa de todas as laranxas” de Anxo Moure. Será na Praza da II República a partir das 12 do mediodía.

A clausura da XVI edición do Lectoriño terá lugar o domingo pola tarde cun gran espectáculo na sala principal do Auditorio, onde a compañía Títeres Cachirulo pora en escena “O libro da Selva”. Comeza as 18:30 horas e a entrada é libre e de balde, como nas demais actividades.

No Auditorio, neste caso na Sala de Exposicións; tamén poderá visitarse ata o 28 de abril a colección privada que Carlos Casares tiña de exemplares de “O Principiño” de Saint-Exepéry en distintos idiomas e dialectos do mundo.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -