_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
Varela recibe ao representante dos traballadores do sector da estiba portuaria en Vilagarcía

O alcalde, Alberto Varela, recibiu esta mañá ao representante do colectivo de estibadores portuarios en Vilagarcía, Emilio Loroño Vázquez. O encontro, solicitado polo sector, enmárcase nas accións que os traballadores están levando a cabo a nivel estatal para tratar de que se teñan en conta as súas reivindicacións na nova normativa que pretende aprobar o Executivo Central. O alcalde púxose a disposición dos estibadores de Vilagarcía en defensa do posicionamento deste colectivo.
08.03.2017.- A postura de Varela Paz vai acorde co sentir que a Corporación Municipal manifestou no último Pleno, ao aprobar por unanimidade a moción presentada por EU en apoio ao sector da estiba. Segundo este acordo, o Pleno instará ao Ministerio de Fomento, ás empresas da estiba e aos traballadores a que acorden as medidas que permitan superar a incerteza xerada a partir da sentenza do Tribunal de Xustiza da Unión Europea en 2014, que obriga ao Estado Español a levar a cabo determinadas modificacións legais na regulación do sector.

Sen recortes dos dereitos laborais adquiridos

O Pleno tamén instará ao Goberno do Estado a que na nova normativa respecte os dereitos laborais conquistados polo sector nas últimas décadas e que introduza garantías para o acceso ao emprego sen discriminación de ningún tipo e atendendo aos principios constitucionais de igualdade, mérito e capacidade.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -