_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CULTURA
Vilagarcía acollerá a 45 edición do Curtas Film Fest do 23 ao 29 de outubro

A Asociación Cultural Curtas xa puxo data para un dos eventos máis esperados do ano: o Curtas Film Fest que se desenvolverá do 23 ao 29 de outubro. Como xa o fixo na pasada edición, na que recibiu un forte impulso, a Concellería de Cultura volverá a colaborar na organización do certame audiovisual por considerar que se trata dun evento moi importante e beneficioso para Vilagarcía tanto no eido cultural como na medida na que contribúe a desestacionalizar a oferta turística no municipio.
26.02.2017.- A de 2017 será a 45 edición do festival de curtametraxes de Vilagarcía. O agora renovado e denominado Curtas Film Fest é o certame de curtas máis antigo de Galicia, circunstancia que é todo un valor a salientar no marco do calendario de citas audiovisuais existentes na actualidade.

O Festival de Curtametraxes naceu no seo do Liceo Marítimo, despois Liceo-Casino, e o ano pasado colleu a súa dirección a Asociación Cultural Curtas, co vilagarcián Luis Rosales como principal aval, xa que contaba no seu haber coa experiencia de dirixir tamén o Festival de Cine Fantástico Nocturna de Madrid.

Na súa 44 edición, o Curtas Film Feste contou cunha maior implicación do Concello de Vilagarcía e tamén da Deputación, o que posibilitou dar un enorme pulo ao certame que, aparte do concurso de curtametraxes propiamente dito, contou por primeira vez cun amplo programa de actividades paralelas relacionadas coa temática elixida. O cine dos anos 80 e os heroes de cine invadiron de actividade as rúas de Vilagarcía con exposicións, proxeccións, obradoiros de maquillaxe, festas temáticas de disfraces, e mesmo desfiles galácticos. Todos os actos foron abertos ao público e de balde e contaron cunha nutrida participación de espectadores, o que se reflexou nun valioso efecto dinamizador e de atracción de xente.

A Asociación Cultural Curtas aínda non desvelou a temática e a programación para este ano, pero en vista do éxito da pasada edición hai xerada moita expectación. O que si comentaron é que xa están traballando na organización e deseño deste gran evento.

A Asociación Cultural Curtas é unha entidade cultural sen ánimo de lucro, que nace co propósito de contribuír á oferta cultural vilagarcián con propostas relacionadas coa cultura popular a través da realización de proxeccións semanais tanto en versión orixinal como dobrada; xogos de rol e de mesa; servizos de ludoteca, videoteca e biblioteca; presentacións de libros; exposicións; cineforums e clases maxistrais; cursiños ou talleres; entre moitas outras actividades.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -