_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
OBRAS E SERVIZOS
As obras de mellora do firme da rúa Valle Inclán comezan o luns

O Concello inicia oa primeira hora da mañá do luns os traballos de mellora da capa de rodadura do tramo municipal da Avenida Valle Inclán. O desenvolvemento destas necesarias obras obrigará a manter pechado un carril de entrada ao caso urbano, polo que a circulación pode verse ralentizada, razón pola cal se prega aos condutores que, na medida do posible, utilicen vías alternativas. A previsión é que os traballos se prolonguen toda a semana.
18.02.2017.- Os traballos adxudicados a Marconsa afectarán ao tramo municipal da avenida e financiaranse con fondos propios do Concello. O investimento a realizar acada os 55.000 euros. A actuación afectará aos dous carrís de circulación de entrada ao centro urbano, posto que o outro lado da beirarrúa, o máis próximo ao mar, sitúase en terreos da Autoridade Portuaria. As tarefas de asfaltado destes dous carrís de competencia municipal comezarán á altura da rotonda do Cavadelo e rematarán na de Pablo Picasso.

Actuación en profundidade

Con esta actuación melloraranse considerablemente as condicións para a circulación dos vehículos xa que a vía está bastante deteriorada polo que presenta moitas fochas e desniveis. Para resolver o precario estado da vía realizarase unha actuación a fondo. Fresarase toda a vía para quitar o asfalto existe, afondando máis na zona de fochas once se eliminarán todas as capas de material para, posteriormente, rechealas. Unha vez rematada esta labor, procederase ao tratamento de toda a vía botando unha nova capa de conglomerado e o pintado final da sinalización horizontal.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -