_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
EMPREGO
O Concello solicita a contratación de 34 desempregados a través do POS 2017 da Deputación

A Xunta local de Goberno acordou onte solicitar á Deputación Provincial de Pontevedra a contratación de 34 traballadores desempregados con cargo aos fondos do Plan de Obras e Servizos 2017. A proposta da Área de Promoción Económica e Emprego do Concello prevé que as contratacións sexan a xornada completa e por un período de 8 meses. A subvención solicitada ascende a 314.331 euros que se financiarán a través da liña do POS relativa ao Fomento de Emprego para a conservación e o funcionamento de bens e servizos municipais. O Concello aportaría 25.823 euros a maiores.
14.02.2017.- A proposta do Concello aínda ten que ser aprobada pola Deputación. Unha vez superado este trámite, o Concello remitirá unha oferta ao Servizo Público de Emprego (antigo INEM), que será o organismo encargado de preseleccionar aos aspirantes entre as persoas desempregadas inscritas nas súas listas de demandantes de emprego cos perfís solicitados.

As 34 ocupacións que demanda o Concello repártense do seguinte xeito:

• 3 Empregados Administrativos en xeral (Ciclo Medio FP Xestión Administrativa).
• 1 Monitor e/ou Animador deportivo (Ciclo Superior de FP/TAFAD).
• 10 Axudantes Albaneis.
• 4 Peóns forestais.
• 2 Pintores e/ou empapeladores.
• 4 Instaladores electricistas.
• 1 Axudante auxiliar Carpinteiro.
• 1 Auxiliar Fontaneiro.
• 1 Soldador para arco eléctrico en xeral.
• 4 Traballadores de Conservación de parques urbanos, xardíns históricos e botánicos.
• 1 Peón sepultureiro.
• 1 Axudante mantedor de instalacións deportivas .
• 1 Xestor Administrativo Técnico Medio (Diplomado en Dirección e Xestión Pública ou Empresariais ou Económicas).


Contratos de 8 meses para colectivos con especiais dificultades de reinserción

Os contratos realizados a través deste plan provincial de emprego terán unha duración de 8 meses. Á hora de seleccionar entre candidatos que reúnan o perfil profesional, terán preferencia as vítimas de violencia de xénero, maiores de 45 anos, membros de familias monoparental con fillos ao seu cargo, persoas cos niveis de renda máis baixos e persoas con cargas familiares.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -