_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
O goberno local empraza a revisión das condicións laborais ao documento de avance da RPT

O goberno local de Vilagarcía emprazou hoxe aos sindicatos a abordar a revisión das condicións laborais dos distintos colectivos que conforman o cadro de persoal municipal ao documento de avance da Relación de Postos de Traballo (RPT) cuxa redacción se contratará este mesmo ano e para iso contará con partida propia no orzamento 2017. Así foi trasladado hoxe ao comité de empresa (contratados laborais) e a xunta de persoal (funcionarios) no marco dunha nova reunión da mesa de negociación, na que o goberno estivo representado pola portavoz, Tania García, e as concelleiras de Persoal, Sonia Outón, e Facenda, Luz Abalo.
23.01.2017.- O equipo que dirixe Alberto Varela entende que o mellor xeito de valorar as reivindicacións dos distintos colectivos –policía local, emerxencias, auxiliares administrativos, técnicos...- ademais das formuladas de xeito individual é facelo dende unha perspectiva xeral e de conxunto, evitando así discriminacións. Por iso se insiste en que é preciso esperar uns meses a que a empresa á que se lle encargue a redacción da RPT faga a súa primeira valoración, que estará lista en tres meses despois de adxudicada. Ese documento de avance sería un instrumento bastante preciso para abordar unha negociación en profundidade, máis alá de reivindicacións particulares ou sectoriais, en asuntos como a promoción interna ou as necesidades de persoal en cada servizo ou departamento. Pluses de nocturnidade ou equiparación de salarios entre traballadores dun mesmo nivel xunto co resto de reivindicacións laborais quedarían para outra negociación posterior á aprobación definitiva do RPT pola corporación municipal.

Na reunión de hoxe por parte do goberno se plantearon algunhas das medidas que se pretenden abordar este ano, con independenza das negociacións cos sindicatos. Por exemplo, a convocatoria de tres novas prazas de policía local, o suplemento do salario para os traballadores que proceden do RISGA, ou un novo aporte ao plan de pensións, que estivo paralizado durante anos e que só foi activado o ano pasado, trala chegada á Alcaldía de Alberto Varela.

Neste sentido, ambas partes emprazáronse para unha nova reunión a celebrar a vindeira semana co fin de continuar coas negociacións.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -