_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
A Fundación de Ferrocarriles Españoles comprométese a redactar en 4 meses o proxecto da Vía Verde

A reunión que mantiveron onte no marco de FITUR o alcalde de Vilagarcía e o concelleiro de Turismo con responsables da Fundación de Ferrocarriles Españoles resultou “moi frutífera e alentadora” xa que nela púxose de manifesto o interese que existe por ámbalas dúas partes para crear a Vía Verde entre Vilagarcía, Caldas e Portas, e porque se concretaron aspectos importantes como os relativos aos prazos, custe e mesmo financiamento. De feito, o organismo que se encarga da posta e marcha das vías verdes en España comprometeuse a que os traballos de redacción do proxecto da que será a primeira senda destas características integramente galega poden realizarse nun prazo máximo de catro meses.
20.01.2017.- O encontro celebrouse no stand que a Federación de Ferrocarriles Españoles ten en FITUR para promocionar a rede de Vías Verdes tanto a nivel nacional como internacional. Na reunión con Varela e Pérez Callón participaron o Xefe de Proxectos Técnicos da Xerencia de Patrimonio e Turismo Ferroviario da Fundación, Maximiliano Cuevas Díaz, e a Xefa da Área de Vías Verdes e Turismo Ferroviario, Arantxa Hernández.

A intención, tanto da Fundación como do Concello de Vilagarcía, é poñer en marcha este novo produto de turismo sostible canto antes. Segundo avanzaron os responsables do organismo ferroviario, dispoñen xa dun estudio previo sobre a Vía Verde de Vilagarcía, Caldas e Portas e unicamente están pendentes de que este último Concello aprobe en Pleno o convenio con Adif para iniciar a redacción do proxecto. As Corporacións de Vilagarcía e Caldas xa realizaron este trámite, polo que Varela Paz falará a vindeira semana co rexedor de Portas para pedirlle que leve a Pleno o acordo canto antes para poder seguir avanzando na iniciativa.

Varias vías de financiamento

Dende a Federación de Ferrocarrís recomendaron que de xeito paralelo se vaian facendo outras xestións, como as relativas á solicitude de financiamento. Neste sentido, os responsables do organismo orientaron aos edís socialistas sobre as distintas liñas de axuda ás que poden recorrer os tres concellos, tanto a nivel autonómico, como estatal e mesmo europeo. Informaron de que o Ministerio de Medio Ambiente dispón dunha liña de subvencións para camiños naturais no que encaixan á perfección as vías verdes, e tamén indicaron de que a UE tamén conta con fondos para financiar este tipo de iniciativas de turismo natural e sostible a través dos FEDER.

Aínda que o orzamento concreto da Vía Verde só se poderá saber unha vez que se redacte o proxecto, a Fundación estima que pode situarse entre os 420.000 e os 600.000 euros xa que o custe doutras sendas proxectadas por eles oscilou entre os 35.000 e os 50.000 euros por quilómetro -dependendo da orografía e características do terreo e a contorna- e a lonxitude da actuación aquí prevista é de 12 quilómetros.Como se sabe, o custe da actuación deberá repartirse entre os tres concellos participantes.

Os técnicos da Fundación indicaron que a ampla experiencia da que dispoñen na rede de Vías Verdes existentes por todo o territorio español demostra que os beneficios económicos que estas sendas reportan ás economías locais multiplican con creces o investimento inicial e os gastos de mantemento.

Produto turístico en auxe, sostible e accesíbel

De feito, as vías verdes son un produto en auxe tanto a nivel nacional como internacional e un recurso moi demandado por un público diverso entre o que se atopan amantes do sendeirismo e o cicloturismo, familias, turistas que buscan espazos naturais. Esta é a razón pola que a FFE está en FITUR nunha edición na dedicada precisamente ao turismo natural e sostible. Ademais, non hai que esquecer que as vías verdes son sendas accesibles, xa que ao aproveitar o trazado de antigas liñas ferroviarias, non teñen pendente polo que poden percorrelas sen dificultade persoas con problemas de mobilidade ou discapacidades físicas.

As Vías Verdes son un recurso turístico que adquiriu moita importancia duns anos cara acá e cuxo interese segue medrando. Os responsables da Fundación trasladaron ao alcalde e ao concelleiro que hai moita expectación pola posta en marcha da senda arousá, xa que tanto tour operadores como a gran comunidade creada ao redor desta rede, están interesados en realizar rutas por Galicia.

Os representantes da FFE comentaron que, no que a Vías Verdes se refire, Galicia é a día de hoxe unha “illa” dentro do estado, xa que coa excepción dun pequeno tramo da senda que Ribadeo comparte con Asturias, non hai ningunha Vía Verde. A de Vilagarcía, Caldas e Portas, sería a primeira da comunidade xa que, pese a que Culleredo tamén está interesado noutro proxecto, o arousán está moito máis adiantado. Os responsables da Federación destacaron a importancia de que Adif teña dado a súa conformidade, de que se teñan asinados dous dos tres convenios e, en especial, de que Fomento asumira e teña xa adiantados os traballos de levantamento das vías.

Difusión e impacto publicitario garantido

En canto á promoción da futura Vía Verde arousá, a súa inclusión na rede de Vías Verdes españolas supón de por si un impacto publicitario de gran nivel, xa que a maiores da web da Fundación, que suma 5 millóns de visitas; dispón do boletín dixital “Infovías”, que conta actualmente con 12.000 subscritores. A FEE tamén ten ampla presenza nas redes sociais, nas que dispón de 40.000 seguidores.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -