_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
NOVAS TECNOLOXÍAS
Fexdega acolle a xornada SmartPeme para asesorar a pequenos empresarios sobre o uso das TIC

SmartPeme, a ferramenta que a Deputación Provincial de Pontevedra pon a disposición dos pequenos e medianos empresarios co obxectivo de informalos e asesoralos sobre a aplicación das novas tecnoloxías (TIC) nos seus negocios, chega a Vilagarcía. Para dar a coñecer este servizo, o recinto de Fexdega acolle o 22 de novembro unha xornada na que, ademais de presentar a SmartPeme, os empresarios poderán recibir asesoramento personalizado.
09.11.2016.- SmartPeme resulta de gran utilidade e interese para os pequenos empresarios que, a diferenza das grandes firmas ou corporacións, non dispoñen de asistencias técnicas para implantar e sacar rendemento ás TIC. Esta nova ferramenta pode axudar ao empresario a escoller o marketplace máis axeitado para o seu negocio. Como se trata dun servizo pensado para axudar a autónomos, emprendedores e pemes dun xeito personalizado, resolverá individualmente as dúbidas sobre o uso das TIC que se lle plantexen a cada participante. Tamén de forma personalizada se se lles aconsellarán as ferramentas adecuadas para mellorar a produtividade en cada caso concreto e os participantes recibirán acompañamento especializado durante o proceso de implantación do comercio electrónico.

A xornada desenvolverase en sesións de mañá e tarde o martes, 22 de novembro, no seminario do recinto da Maroma. A apertura do acto correrá da man do alcalde, Alberto Varela e a presidenta da Deputación, Carmela Silva, a quen acompañará o deputado provincial de Innovación e Promoción Económica, Javier Dios.

Ampla carteira de servizos

Tras a apertura, terá lugar a presentación da carteira de servizos SamrtPeme, para o cal intervirán José Antonio Piñeiro Sineiro, responsable da rede SmartPeme e José Luís Taboada fernández, asesor TIC. O resto da xornada dedicarase á celebracións das xuntanzas individuais dos técnicos cos empresarios, autónomos e emprendedores interesados. Aconséllase solicitar cita previa para organizar estas consultas, para o cal os interesados poden inscribirse a través de http://www.smartpeme.depo.es e do teléfono 886 202 020.

O Concello de Vilagarcía anima a todos os pequenos empresarios, autónomos e emprendedores a asistir á xornada dada a importancia de axustarse ás novas tecnoloxías para gañar en eficacia e competitividade o que, ao final repercute positivamente no propio negocios e no conxunto da economía local.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    May 2024  
L
M
X
J
V
S
D
   
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
   
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -