_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
EMPREGO
As empresas xa poden solicitar as axudas municipais para a contratación de traballadores desempregados

O Boletín Oficial da Provincia publica hoxe as bases da liña de axudas do Concello de Vilagarcía para potenciar a creación de emprego por parte da iniciativa privada. A creación desta subvencións foi un compromiso do goberno de Alberto Varela recollido nos orzamentos municipais de 2016. Poderán solicitar as axudas as empresas do Salnés e Ullán que contraten, cunha duración mínima de 6 meses, persoas desempregadas empadroadas en Vilagarcía. O Concello dispón este ano dunha partida de 40.000 euros para esta acción.
24.10.2016.- Esta nova liña de subvencións enmárcase nas políticas locais de emprego e promoción económica deseñadas dende a concellería que dirixe Juan Antonio Pérez Callón. A convocatoria persegue potenciar a creación e mantemento do emprego por conta allea mediante incentivos económicos ás empresas. Trátase dunha acción máis para tratar de provocar o descenso dos índices de paro entre os vilagarciáns.

Poderán solicitar estas axudas as persoas físicas ou xurídicas de carácter privado radicadas nas comarcas do Salnés e Ullán que formalicen contratos con traballadoras e traballadores empadroados no Concello de Vilagarcía cunha antigüidade mínima dun ano e inscritos como demandantes de emprego no servizo Público de Emprego e Galicia (antigo Inem). Considéranse subvencionables as contratacións indefinidas, conversións en indefinidos de contratos temporais ou de duración determinada, así como os temporais con duración mínima de 6 meses. Os contratos a subvencionar deben estar asinados entre 1 de xaneiro e o 1 de novembro de 2016.

Así mesmo, para poder acceder a estas axudas, as empresas solicitantes non poderán ter amortizados postos de traballo nos seis últimos meses anteriores ás novas contratacións ou conversións de contratos nin mediante despedimentos declarados improcedentes nin de regulacións de emprego. Tampouco poderán acollerse a esta liña de subvencións as administracións ou sociedades públicas, as empresas acollidas a plans de reconversións, as empresas que non estean ao corrente das súas obrigas coa Seguridade Social, Facenda, Xunta ou Concello de Vilagarcía. Tampouco aquelas sancionadas mediante sentenza firme por vulnerar dereitos fundamentais dos traballadores ou por accidentes laborais nos seis meses anteriores á contratación.

A suma da axuda a conceder establecerase en función a criterios como a duración do contrato ou o tipo de empresa (valorando aquí aspectos como o número de traballadores ou antigüidade da empresa). Os expedientes irán tramitándose por orde de presentación no rexistro do Concello e as subvencións concederanse ata esgotar a partida.

Tanto as bases como os formularios para tramitar as axudas están dispoñibles no taboleiro de anuncios da web municipal, nas dependencias de información do Concello e la Concellería de Promoción Económica e Emprego.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -