_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
250 músicos tradicionais animarán o domingo a Foliada Solidaria da Baldosa

A Agrupación Foliada Vilagarcía en colaboración co Concello de Vilagarcía organizan a VII Foliada Solidaria que se desenvolverá un ano máis na Rúa da Baldosa. Será o domingo 23 de outubro a partir das 12 do mediodía cando a rúa máis popular de viños e tapeo se converta nunha gran romaría con almorzo e música incluída. Uns 250 músicos (gaitas, pandeiretas, tambores e acordeóns) animarán a celebración na que tamén participarán artesáns tradicionais e cuxa recadación vai en beneficio da Fundación Lar Pro Saúde Mental.
18.10.2016.- A Foliada comezará ás 12 do mediodía e rematará ao redor das catro da tarde. O promotor musical de Vilagarcía, Diego Basadre dará o pistoletazo de saída á festa coa lectura do pregón e o músico de Carril, Dani Barreiro, será o encargado de efectuar o conxuro da queimada.

Ademais de gozar da música, os asistentes poderán colaborar coa causa solidaria participando no almorzo cuxo menú consistirá en empanada de carne de cocido, fabas con mexillóns, café, pan e queimada. O prezo é de 5 euros por persoa si a invitación se adquire anticipadamente nos locais da Baldosa Churruca e Dysania. O mesmo día custará 7 euros. Tamén haberá invitacións “fila 0” para aquelas persoas que desexen contribuír sen quedar a comer. Custarán 2 euros.

En caso de que a choiva faga acto de presenza o domingo, a Foliada trasladarase ao domingo seguinte, 6 de novembro. Se ese día tamén fai mal tempo, suspenderase e a organización devolverá os cartos das invitacións adquiridas previamente.

A VII Foliada de Vilagarcía presentouse no Concello coa participación de membros do colectivo organizador, A Agrupación Foliada Vilagarcía; a concelleira de Benestar Social, Tania García, e a directora de Lar Pro Saúde Mental Amelia Varela. A concelleira salientou que todas as iniciativas de carácter solidario coas que axudar aos colectivos sociais sempre son de agradecer, pero está ten ademais unha dobre vertente que é a compoñente da cultura autóctona. “Este Concello apoia todo tivo de eventos solidarios e este, no que ademais se potencia a música, a artesanía e a tradición popular galega, moito máis”. García Sanmartín animou a todos os vilagarciáns e xentes da contorna a participar na Foliada “porque ademais de pasalo ben e de comer ben van a colaborar cunha boa causa”.

Pola súa banda a directora da Fundación lar Pro Saúde Mental indicou que a organización “conta actualmente con 140 usuarios aos que damos de comer diariamente e dos que 55 son internos que viven no centro todo o ano, cos conseguintes gastos que conleva. “Amalia Varela agradeceu aos organizadores, ao Concello e ás firmas patrocinadoras a súa implicación “porque os recursos que manexamos as organizacións como as nosas sempre son escasos e sempre temos débedas e buratos que tapar”.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -