_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
EDUCACIÓN
O goberno local ponse ao fronte da demanda do bus escolar de mediodía para Carril, Vilaxoán e Rubiáns

O goberno local de Vilagarcía ponse ao fronte da demanda de reposición do servizo de transporte escolar de mediodía que a Xunta de Galicia eliminou este curso e que afecta a numerosas familias dos colexios de Carril, Vilaxoán e Rubiáns. O executivo que preside Alberto Varela considera unha “grave discriminación” por parte da Consellería de Educación a supresión do servizo das 14:15 horas nestes colexios e anuncia que o grupo municipal socialista elevará ao Pleno unha moción pola vía de urxencia para recabar o apio de toda a Corporación Municipal á petición de reposición do transporte escolar.
23.09.2016.- Diferentes membros do goberno local mantiveron contactos esta mañá con representantes das ANPAS dos tres centros educativos para coñecer a situación e poñerse a “completa disposición” das familias que se atopan con esta problemática destapada por pais e nais do Rosalía de Castro de Carril que esta mesma mañá protagonizaron unha protesta pública.

O recorte do transporte escolar realizado pola Consellería de Educación para as 14:15 horas (a saída do horario de mañá) afecta ao alumnado que non é usuario dos comedores escolares e que, dende principio de curso, carecen do bus que os leve a casa á comer coas súas familias, véndose na obriga de esperar unha hora a que rematen de almorzar os usuarios do comedor. A medida atenta contra os principios de conciliación da vida familiar e laboral, xa que moitos pais e nais non poden ir a recoller aos seus fillos por incompatibilidade horaria dos seus traballos, tendo que prescindir moitos do pracer de compartir o tempo do almorzo cos seus fillos.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -