_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
FESTAS
As meigas regresan este sábado para o aquelarre anual no que haberá queimada, rosquillas e moita parranda

Meigas, magos, trasnos, druídas e seres máxicos de toda índole regresan este sábado a Vilagarcía para celebrar a tradicional Noite das Meigas. Este divertido aquelarre anual contará cos ingredientes tradicionais: queimada, rosqueillas, música e moita parranda. A festa promovida polo Concello conta coa colaboración e participación de 10 colectivos veciñais e culturais que serán os encargados de animar os poboados meigos habilitados en distintos lugares do centro da cidade.
25.08.2016.- O Concello encárgase da montaxe dos poboados e da loxística necesaria para que a ambientación estea a punto á tardiña. A Concellería de Cultura aporta os 600 litros de caña, o azucra, laranxas e café necesarios para elaborar a tradicional queimada que todos os poboados servirán de balde a partir da media noite. Tamén por deferencia de Cultura repartiranse 3.000 rosquillas entre os asistentes.

A carta gastronómica amplíase coas especialidades que cada entidade aporta a motu propio e que van dende os callos ata a tortilla, pasando por empana ou bica.

Os colectivos que participan na Noite das Meigas deste ano e os emprazamentos dos seus poboados son: o Noso Lar (Alameda), Fontefría de Guillán (Juan García), Malveiras de Carril (Praza de Galicia), A cantarela (Castor Sánchez esquina Avd da Mariña), A.C. Xeada de Cornazo (Xardíns da Praza de España), Zona Aberta (esquina Valentín Viqueira coa Baldosa), Nós de Sobradelo ( Rey Daviña) Os Remolóns (Castelao fronte a farmacia Bermejo), AAVV O Souto de Rubiáns (Castelao) e A.C. Cantareiras Bulideriras de Fontecarmoa (García de Caamaño).

Coa caída do sol, bruxas, sapos e curuxas tomarán o centro de Vilagarcía para celebrar ó aquelarre máis esperado do ano: o da Noite das Meigas. Os poboados prenderán a música e abrirán as súas portas a partir das 22:00 horas co obxectivo de ir caldeando o ambiente e iniciar os preparativos da queimada. Ademais, na Praza de Galicia, a partir desa hora celebrarase o XX Encontro Folclórico Malveiras que este ano cambia de escenario para maior vistosidade.

Xa enfilando a medianoite, a Praza de Galicia centralizará os actos coa lectura do conxuro da queimada e coa queima da bruxa, tras o cal comezarase a servir o brevaxe máxico da queimada entre todos os asistentes.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -