_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
MEDIO AMBIENTE
O Concello reclama a Augas de Galicia a limpeza dos regatos para previr inundacións

O Concello de Vilagarcía reclamará por escrito á Augas de Galicia que coa maior brevidade proceda á limpeza dos ríos e regatos do municipio. O goberno local considera que esta medida debe realizarse de forma urxente antes da chegada da estación de chuvias co obxecto de reducir os riscos de inundacións, sobre todo tendo en conta a experiencia do ano 2006 no que o mal estado dos leitos sumado ao estado dos montes tras a vaga de incendios do mes de agosto, multiplicou os efectos das graves inundacións de novembro dese mesmo ano.
22.08.2016.- O equipo que dirixe Alberto Varela xa puxo de manifesto a súa preocupación ante a proximidade da tempada de choivas na xuntanza que o pasado venres mantivo a conselleira do Medio Rural con munícipes dos concellos da provincia afectados polos incendios do último mes. O representante de Vilagarcía, o concelleiro de Medio Ambiente, Lino Mouriño, aproveitou o encontro para demandar á responsable autonómica unha urxente actuación nos montes arrasados polo lume para que, chegadas as choivas, as cinzas e restos das queimas non sexan arrastrados cara os leitos e colapsen a circulación das augas, como aconteceu en 2006. Dende a consellería asegurouse que se ían a realizar labores de repoboación e outras medidas para impedir o arrastre de terra e restos das queimas, aínda que tamén recoñeceu que a escasez de fondos tería que limitar as zonas nas que actuar, o que non contribuíu a rebaixar a preocupación do executivo vilagarciá que fará toda a forza posible para que Vilagarcía sexa blindada na prevención das inundacións.

Nesta liña se enmarca o escrito que se remitirá a Augas de Galicia e que irá acompañado dun dossier de imaxes da actual da situación na que se atopan os ríos e regatos do municipio, especialmente aqueles cuxo curso discorre polas zonas afectadas polos lumes ou as súas inmediacións, xa que neles reverterán as augas e todo o que estas arrastren cando comecen as choivas.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -