_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CULTURA
O Cine Club Ádega celebra 40 anos cunha intensa Semana de Cine apto para todos os gustos

O Cine Club Ádega conmemora este ano o seu 40 aniversario e faino organizando una das súas mellores Semanas de Cine. Como xa fixeran o ano pasado, a nova directiva recupera o evento para celebralo no mes de agosto, como era tradición, e como antesala ás Festa de San Roque. O programa deste ano equilibra os títulos para cinéfilos con outros máis comerciais, inclúe curtametraxes, tamén conta con proxeccións ao aire libre, intervención do director galego Jorne Coira e do músico vilagarcián Gonzalo Arca e cun espectáculo de Cabaret.
A Semana de Cine presentouse este mediodía no Concello nun acto que contou coa participación da concelleira de Cultura, Sonia Outón; o presidente do Cine Club, Fernando López e o secretario Javier Marqués.

O Concello colabora na semana de Cine coa posta a disposición da infraestrutura e publicidade. Ademais, a concelleira anunciou que as proxeccións no Salón García contarán este ano co atractivo engadido do novo equipo adquirido polo Concello com o aposta polo audiovisual (un proxector e pantalla) que elevarán a calidade das visualizacións.

A Semana de Cine ábrese este domingo 31 de xullo, ás 21:30 na rúa Romero Ortíz, coa proxección da curtametraxe de Jorge Coira “O Matachín” e o film “O descoñecido”. Previamen te, o público poderá escoitar as explicacións do propio Coira e o Gonzalo Arca interpretará temas da banda sonora da película.

“O descoñecido”, ópera prima do monfortino Carlos de la Torre, obtivo dous Goya 2015 ao mellor montaxe e son. Carlos (Luís Tosar), executivo de banca, comeza o seu mañá rutineira levando aos seus fillos ao colexio, algo excepcional do que adoita encargarse habitualmente a súa muller. Cando arrinca o seu coche, recibe a chamada dun descoñecido para Carlos, pero que os sabe todo sobre el. Esta persoa anúncialle que ten unha bomba debaixo do seu asento e comunícalle que ten apenas unhas horas para reunir unha elevada cantidade de diñeiro. Se non o consegue, o seu coche voará polo aire.

Do luns 1 ao xoves 4, as proxeccións pasan a celebrarse no Salón García a partir das 21.45 horas. As entradas diarias custan 4 euros (2 para socios) e os abonos para as catro sesións 12 euros (6 para socios).

O luns proxectarase “Todos vós sodes capitáns”, película do ano 2010 dirixida polo galego residente en Francia Oliver Laxe. O título do martes é “La Venus de las Pieles”, de Roman Polansky, o mércores tócalle ao flim “Ela brazo de la serpiente” do director colombiano Ciro Gómez; e o xoves proxectarase “Yo, él y Raquel” do estadounidense Alfonso Gómez-Rejón. Todas as pleículas irán precedidas dunha curtametraxe.

A clausura da semana de Cine será o venres, 5 de agosto, nos Xardíns de Ravella onde un espectáculo de cabaré da compañía de Nelson Quinteiro servirá de introdución á proxección da mítica “Cabaret” de Bob Fosse 1970.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -