_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CULTURA
O Concello anuncia unha segunda edición do Vilablues, despois do éxito da primeira

As datas arredor do 25 de xullo do ano 2017 volverán a acoller o Festival de Blus de Vilagarcía de Arousa, Vilablues. Así o anunciou hoxe a concelleira de Cultura, Sonia Outón, á vista do resultado desta primeira edición. "A intención é que o festival siga medrando, como xa pasou co Festiclown, que xa se converteu nun dos principais atractivos das festas de San Roque", asegurou.
26. 07. 2016.- Malia o escaso presuposto, o resultado foi excelente, en opinión do goberno local, que puido constatar como os artistas quedaron literalmente encantados co trato recibido, non só pola organización senón polo público en xeral, e como o este valorou moi positivamente cuestións como a existencia de distintos escenarios ou a realización de actividades paralelas, é o caso dos talleres e masterclass, que permitiron achegar os artistas e a seu coñecemento ao todos os interesados pola música en xeral e o blues en particular. Artistas internacionais como Keith Dunn ou Marcos Coll –éste, que continuará como asesor do festival, deixou Vilagarcía para actuar en Seúl- tamén alabaron o formato escollido para o Vilablues e auguraron un gran futuro.

Segundo informaron dende a Asociación de Hostalería e Iniciativas Turísticas (Ahituvi) nos días coincidentes co Vilablues a ocupación hoteleira foi case do cen por cento. Tamén foi evidente a presenza de moito público de fóra de Vilagarcía. O goberno local é consciente de que, como ocorre con toda primeira edición, hai cousas que mellorar na propia organización do evento para a segunda, pero non ten dúbida de que o Vilablues é un elemento diferenciador da oferta cultural vilagarciana e ten todas as condicións para converterse en pouco tempo nun referente neste tipo de festivais, tanto en Galicia coma en España. De feito, todos os artistas que participaron na primeira edición se converteron xa en emisarios do festival, malia que un so deles, Keith Dunn, recibira o gorro galego acreditativo de "embaixador do Vilablues".
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -