_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
URBANISMO
O Pleno aborda a probación definitiva do Plan Especial para construír un supermercado en Pablo Picasso

Vilagarcía contará cun novo supermercado na parcela que fai esquina entre a Avenida de Cambados e Pablo Picasso. A sociedade promotora de iniciativa está a piques de completar a tramitación xa que a Corporación Municipal leva a Pleno o xoves a aprobación definitiva do Plan Especial de Reforma Interior da UEI 21 que lles permitirá construír o establecemento.
22.07.2016.- O PERI que promove a sociedade está recollido no PXOM. A aprobación inicial do mesmo levouse a cabo o 13 de maio de 2015 por Resolución da Alcaldía e continuou a tramitación coa exposición ao público e petición dos correspondentes informes sectoriais ás administracións competentes, neste caso Carreteras do Estado e a Axencia Galega de Infraestruturas. Ámbolos dous informaron favorablemente, indicando a Axencia Galega unhas modificacións ao proxecto que xa foron recollidos no proxecto. En base a isto, o Arquitecto Municipal tamén emitiu informe positivo, ao igual que o Enxeñeiro Municipal que simplemente apunta que as obras deben incluír a recollida de augas pluviais da taxea que atravesa a PO 549 pola Avenida de Cambados.

Tras a aprobación definitiva, a promotora debe presentar no Concello os correspondentes proxectos de urbanización e obra.

Avanza a tramitación para o Alcampo na finca de Megasa

Algo máis adiantado se atopa o proxecto para a construción dun Alcampo na antiga finca de Megasa. Na última reunión da Xerencia de Urbanismo, o Concello aprobou a legalización das demolicións realizadas sen permiso e que fora paralizadas e autorizou a concesión de licenza para rematar o derribo. Ademais, o proxecto de urbanización atópase en fase de exposición pública.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -